Feijóo fala en castelán; o embaixador xaponés, en galego

Así, como o lee: o presidente da Xunta de Galicia falando en castelán, mestres que o embaixador do Xapón fala en galego. Vivir para ver…

Se non queres ver o vídeo completo, a intervención de Feijóo comeza no 0:55 (aproximadamente) e a de Kazuhiko Koshikawa no 1:20.

Tamayazo en Lugo

Volveu suceder. Un tránsfuga do PSOE dándolle un goberno ó PP. Desta volta foi na Deputación de Lugo e a cousa foi máis ou menos así. Continúe lendo Tamayazo en Lugo

Perfílase unha candidatura unitaria galega para as eleccións xerais

Dentro da política galega, o nacionalismo ven sendo, dende hai anos, unha sopa de letras indixesta para o votante. Non polas súas ideas ou polas súas políticas, senón pola confusión que xenera nun cidadán que non acaba de entender as diferencias entre uns e outros. Eu, sen ser nacionalista, levo anos avogando pola creación dunha fronte común que agrupase a todos estes partidos e facilitase a representación de Galicia no Congreso dos Diputados. Continúe lendo Perfílase unha candidatura unitaria galega para as eleccións xerais

A Universidade de Vigo participará na Formula Student

Formula Student. Se alguén le esto seguramente non lle diga nada. Así que mellor ímolo explicar un pouco. É unha competición de carreiras de monoprazas creados por alumnos de distintas universidades do mundo. A Universidade de Vigo participa na Formula Student cun equipo de 14 estudantes e o bólido do seguinte vídeo, que correrá en tres circuitos sede do mundial de F1: Silverstone, Hockenheimring e Montmeló. Continúe lendo A Universidade de Vigo participará na Formula Student

Xulio Ferreiro entrega o bastón de mando ó pobo

A entrega do bastón de mando de Xulio Ferreiro ó pobo é máis que un acto simbólico: é unha declaración de intencións. Supón devolver a soberanía ós cidadáns, deixar ben claro que o poder é exercido polos políticos por mandato do pobo e que, polo tanto, eles só son os depositarios temporales. Continúe lendo Xulio Ferreiro entrega o bastón de mando ó pobo

O PP ofrece a alcaldía de Noia ó BNG

Sempre se dixo que a política fai estraños compañeiros de cama, pero hai algúns que semellan imposibles incluso en temporada de pactos postelectorais. Fagamos unha proba: se lles preguntase cal é o pacto con menos posibilidades de darse, seguro que a maioría de vostedes dirían un PPdeG-BNG.  Continúe lendo O PP ofrece a alcaldía de Noia ó BNG