Alberto Garzón, xunto a membros da Marea Atlántica

Perfílase unha candidatura unitaria galega para as eleccións xerais

Dentro da política galega, o nacionalismo ven sendo, dende hai anos, unha sopa de letras indixesta para o votante. Non polas súas ideas ou polas súas políticas, senón pola confusión que xenera nun cidadán que non acaba de entender as diferencias entre uns e outros. Eu, sen ser nacionalista, levo anos avogando pola creación dunha fronte común que agrupase a todos estes partidos e facilitase a representación de Galicia no Congreso dos Diputados.

Hoxe leo en Praza.gal que A Marea Galega colle folgos e acumula máis forzas proclives e todo parece apuntar á creación dunha candidatura unitaria, dunha Marea Galega.

E non podo menos que levarme unha alegría. Por unha banda porque a marea levaríase as siglas (aínda que só fose por un tempo) co que implicaría de maior presencia da cidadanía e menos dos aparatos dos partidos; por outra, para evitar fórmulas como a proposta por Pablo Iglesias de Podemos máis outra cousa, porque deso xa temos (PPdeG, PSdeG) e, francamente, coido que non representan nin defenden os intereses da cidadanía ou de Galicia.

Podo pecar de inxenuo, pero este primeiro paso de confluencia política no que se inclúen (segundo recolle Praza) Anova, EU, Compromiso por Galicia, Equo ou Espazo Ecosocialista, á que mesmo o BNG tende a man e na que queren tomar parte iniciativas cidadás como Somo Nós ou Somo Maioría, éncheme de ilusión.

PD: Unha das razóns polas que quero que esto chegue a bo porto é por ver na mesma foto A Lobeira, Quintana, Beiras, Noriega e demáis xuntos na mesma foto. Ten un puntiño de morbo, pero que lle vou facer.

 - Foto de Alberto Garzón xunto a membros da Marea Atlántica, tirada por @iunida e publicada por Praza Pública.

Publicado por

Manuel Rivas Álvarez

Xornalista, que non é pouco, e galego, que é máis.

Deixar unha resposta