Santiago Freire, PPdeG de Noia

O PP ofrece a alcaldía de Noia ó BNG

Sempre se dixo que a política fai estraños compañeiros de cama, pero hai algúns que semellan imposibles incluso en temporada de pactos postelectorais. Fagamos unha proba: se lles preguntase cal é o pacto con menos posibilidades de darse, seguro que a maioría de vostedes dirían un PPdeG-BNG. 

Eso pode ser certo, pero en Noia hai a quen non lle parece tan imposible. Resulta que o día 8 de xuño, Santiago Freire, número un da lista local do PPdeG, chamou a tres membros do BNG noiés (Irati García, Tono Millares e Miguel González) ca idea de formar governo en entregarlle a alcadía a Irati García.

Pero, ¿como está a situación no concello para que o PPdeG pense en pactar co BNG? O concello de Noia ten 17 concelleiros, dos que oito son dos populares, catro do PSdeG, dous da Marea Cidadá, outros tantos de NO.I.A. (independentes) e un dos nacionalistas.

Polo que me din, a posibilidade dun pacto entre PPdeG e NO.I.A. é bastante improbable dado o pasado popular dos independentes. Tampouco parece probable un achegamento entre os de Freire e o PSdeG. A Marea non é unha opción de pacto (só hai que ter en contar a súa razón de ser).

Así as cousas, só queda o Bloque para que a lista do PPdeG acade o governo da vila. Pero penso que todos poden ficar tranquilos: O PPdeG non terá pacto cos nacionalistas nin o BNG cos populares (entre outras cousas porque Irati García di que se alguén propoñía pactar co PP, deixaría o seu escano). Salvo que pasen cousas, claro.

- A información saqueina da nota do BNG de Noia sobre a reunión co PP.
- Foto de M. Creo / La voz de Galicia

Publicado por

Manuel Rivas Álvarez

Xornalista, que non é pouco, e galego, que é máis.

Deixar unha resposta