Manuel Martínez, alcalde de Becerreá

Tamayazo en Lugo

Volveu suceder. Un tránsfuga do PSOE dándolle un goberno ó PP. Desta volta foi na Deputación de Lugo e a cousa foi máis ou menos así.

  • As eleccións municipáis do 24 de maio, deixaron a composición da Deputación da seguinte forma: PP, 12 escanos; PSOE, 11; BNG, 2.
  • O BNG, seguindo a liña de non ir da man de imputados rexeita apoiar ó PSOE, porque o seu candidato á presidencia da Deputación polo PSOE e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, resulta estar imputado.
  • Martínez asegura que «non me farán un Orozco».
  • A Martínez fanlle un Orozco e o PSOE aposta por Darío Campos.
  • Faise a primeira votación. Martínez vótase a si mesmo e o resultado é: PP 12 votos, PSOE 12 votos, Martínez 1 voto.
  • Na segunda quenda de votación, Martínez votu en branco. Manténse o empate a 12, pero deste xeito o goberno pasa á lista máis votada, que é a do PP.
  • Elena Candia é a nova presidenta da Deputación Provincial de Lugo. Consúmase o Tamayazo en Lugo.

Non creo que compense moito facer unha análise ou profundar moito no asunto. Os feitos falan por si mesmos. Agora só falta por ver as consecuencias que pode traer para o PSOE, para Martínez e para Besteiro, o líder do PSdeG, que, segudo di La voz de Galicia, asómase ó precipicio.

ACTUALIZACIÓN (25/06/2015 ás 18.53): Martínez négase a dimitir e di ter “dereito” a aspirar á Deputación de Lugo

 - O alcalde de Becerreá racha co PSOE e dálle a Deputación de Lugo ao PP (en Praza.gal).
 - A cronoloxía do Tamayazo en Lugo por El Progreso.
 - Fotografía collida de Praza.gal con licencia CC BY-SA.

Publicado por

Manuel Rivas Álvarez

Xornalista, que non é pouco, e galego, que é máis.

Deixar unha resposta