Xulio Ferreiro entrega o bastón de mando ó pobo

Xulio Ferreiro entrega o bastón de mando ó pobo

A entrega do bastón de mando de Xulio Ferreiro ó pobo é máis que un acto simbólico: é unha declaración de intencións. Supón devolver a soberanía ós cidadáns, deixar ben claro que o poder é exercido polos políticos por mandato do pobo e que, polo tanto, eles só son os depositarios temporales.

É certo que este é o principio da democracia, pero parecía esquecido (ou agachado) pola maioría dos anteriores rexidores. Confiemos en que cumpla e que o seu exemplo cunda no resto dos concellos. Non só nos lugares nos que gobernan as agrupacións cidadás, tamén nas rexidas polos partidos tradicionais.

 - Foto de Víctor Echave para La opinión

Publicado por

Manuel Rivas Álvarez

Xornalista, que non é pouco, e galego, que é máis.

Deixar unha resposta