«La belleza está, solo hay que saber mirar», di Mónica Grande (Madrid, 1972). E non podemos máis que darlle a razón. Todo o que nos rodea ten un punto fermoso que hai que buscar, calquera obxecto cotidiá pode converterse no protagonista dunha obra de arte, só debemos cambiar o noso xeito de mirar.
Eso é o que Grande nos amosa en La semilla de la felicidad es el instante, unha exposición na que a artista madrileña dá unha nova entidade ós obxectos do seu traballo como arquitecta de interiores grazas a un smartphone. Baldes, escaleiras, escombros… conforman as paisaxes abstractas que convirten a fotografía nunha obra case pictórica.
Esta exposición, que toma o título dun proverbio chinés, é a representación de “la obra dentro de la obra”, como di Grande. E, así, as ondas de plástico e as dunas de tea de saco crean un universo no que as texturas, os volúmenes e as sombras cobran unha importancia da que habitualmente carecen.
A mostra, que poderá visitarse do 15 al 25 de septiembre de 2016 no Real Jardín Botánico de Madrid, supón o regreso de Mónica Grande ás salas de exposicións despois de dez anos afastada delas.

Máis entradas de cultura.
Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.
Unha resposta en “A beleza oculta da cotiandade”
[…] anos después de que nos amoase a beleza oculta da cotiandade coa su mostra La semilla de la felicidad es el instante volve parar as nosas vidas durante un […]