Categorías
Cultura Música

A música da fin do mundo que chega de Oriente

Houbo un tempo no que o finis terrae romano estaba habitado por pobos englobados na cultura celta. A pesares das distancias que os separaban, mantiñan unha unidade cultural que sobreviviu ós pobos que chegaron máis tarde ós seus territorios; e se algo se mantivo por riba de calquera outro rasgo, eso foi a música.

Esta música atlántica é rica en tradición e estilos. Inmumerables grupos de Galicia, Cornualles, Bretaña, Irlanda, Escocia… seguen (re)interprentándoa e enriqueciéndoa dende os fines do mundo da Europa Occidental, pero apenas tiña saído das fronteiras das chamadas nacións celtas.

Porén, algo cambiou en 2012 cando un trío xaponés gañou o premio Runas para bandas emerxentes do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, un dos festivales máis importantes do xénero. Cunha harmónica, un fiddle (violín irlandés) e unha guitarra, o grupo Harmonica Creams conseguiu conquistar ó público e ó xurado. Por primeira vez, o premio Runas saía das zonas de tradición celta. Cunha combinación de sons irlandeses, blues e tradición xaponesa, este grupo representa unha das sendas máis interesantes da música celta actual.

Harmonica Creams

RTVE.es entrevista a Yoshito Kiyono, líder e compositor do grupo, con motivo do próximo lanzamiento do seu cuarto disco, Futura Ancient Alchemy, e a primeira pregunta que lle lanzamos é como un músico de blues como el chega dende Xapón á música celta. “Descubrina con Koji [Nagao, guitarrista de Harmonica Creams] na universidade procurando música extranxeira que non fora só estadounidense. Pero a música celta é un sentimento. Así que foi algo máis emocional que racional”. “A música celta e o blues influironme moito dende moi novo“, di sobre a mezcla de estilos que lles caracteriza. “Teñen características opostas, pero as dúas respetan a tradición e chegan directas ó corazón“.

Harmonica Creams gaña o Runas 2012

Despois de gravar o seu primeiro disco (Analyse de toucher, 2011), decidiron dar o salto a Europa: “Críamos que a nosa música debía escoitarse en Europa. Pensamos que un grupo xaponés tocando música celta interesaría ó público“.

Ir ó Festival del Mundo Celta de Ortigueira de 2012 “foi unha oportunidade para coñecer a auténtica música celta, non só a irlandesa ou a escocesa”, asegura Kiyono. Ese ano gañaron o Runas, algo que lles permitiu “introducir a música celta en festivales xaponeses de arte e música”, ademáis dunha presencia nos medios que antes non tiveran.

Dous anos máis e outros dous discos (In + Out = Sea, 2012, e Tokyo Live Smokin’, 2013) permitíronlles afianzar un estilo inconfundíbel, no que instrumentos que non pertencen á tradición celta, como a guitarra e a armónica, casan a la perfección co fiddle de Aiko Obuchi. Nestes dous álbumes, a influencia do blues déixase notar moito máis ca no primeiro.

Capa do disco ‘Futura ancient alchemy’, de Harmonica Creams.
Capa do disco ‘Futura ancient alchemy’, de Harmonica Creams.

‘Futura Ancient Alchemy’

Despois duns anos dedicados a dar concertos en Europa e Xapón, a finais de 2015 comezan a traballar no seu novo disco, Futura Ancient Alchemy, no que hai cinco cancións inéditas e novas grabacións dalgúns dos seus mejores temas (Garage De RomeAsturias wind ou Time thief, por exemplo). Estilísticamente supón unha volta ás raíces da música celta, pero sen perder as peculiaridades do seu estilo.

A canción de presentación é Axis Mundi e, aínda que o disco todavía non está dispoñíbel fóra de Xapón, xa se pode escoitar no videoclip de presentación:

Harmonica Creams

  • Grupo xaponés formado por Yoshito Kiyono (armónica), Aiko Obuchi (fiddle) e Koji Nagao (guitarra).
  • O seu cuarto disco, Futura Ancient Alchemy, xa está dispoñíbel en Xapón e sairá á venda no resto do mundo o 3 de maio (só en formato digital).
  • Os seus discos anteriores son Analyse de toucher (2011), In + Out = Sea (2012) e Tokyo Live Smokin’ (2013).

Máis entradas sobre música.

Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.

Deixar unha resposta