A relixión dos chimpancés

Chimpancé

Algúns chimpancés siguen ritos relixiosos similares ós que poderían ter profesado os nosos devanceiros. De súpeto, a espiritualidade, a única chispa que nos quedaba ós homes para distinguirnos das bestas, salvaba a barreira invisíbel entre a humanidade e a animalidade e chegaba a uns grupos de simios de África Occidental. Prometeo roubáranos o lume para darllo ós nosos peludos parentes. Pero nunca nada é tan sinxelo.

As novas sobre esto non son recentes (a procura de «chimpancés relixión» devólvenos uns 246 000 resultados) son de 2016, pero recordeino porque hai pouco lin sobre esto en La inesperada verdad sobre los animales, de Lucy Cooke, e, pouco máis tarde, volveumo traer á memoria un artigo de Jotdown.

Este último, firmado por E. J. Rodríguez, e titulado ¿Sueñan los simios con seres invisibles? fala constantemente de «sacralización», de «altares», de «lugares sagrados», incluso de «interacción con seres invisibles», cuestións que se dan por sentadas porque é o que faríamos nós. É dicir, estamos trasplantando séculos de cultura relixiosa a uns grupos de simios sen ningún tipo de proba científica, co único aval que nos da a nosa historia.

Unha interpretación sesgada

A ansia por comprendernos a nós mesmos, as nosas orixes, as raíces da nosa espiritualidade é tal que somos capaces de recorrer a calquera cousa. Incluso ó que fai un grupo de chimpancés de África occidental. É comprensíbel: saber cando comezamos a ceer en calquera tipo de divinidade é saber cando comezamos a cuestionarnos o mundo material e empezamos a buscarlle unha trascendencia; cuando xurdiu a nosa espiritualidade e como e por que dimos o paso definitivo que nos afastou dos animais para empezar a ser o que somos hoxe será un dos grandes achados antropolóxicos de tódolos tempos.

Así que é sinxelo e casi lóxico pasar dun feito simple (estos montículos de piedras sin ninguna función evidente que pusieron chimpancés se parecen mucho a los que hacían los humanos y que, sospechamos, forman parte de algún tipo de rito que no sabemos identificar) a unha conclusión bastante complexa e non suficientemente sólida como para poder afirmala con rotundidade (como creemos que los montículos de los humanos formaban parte de algún tipo de rito religioso y estos montículos de los chimpancés se parecen mucho, tienen que tener la misma función, por lo tanto, lo chimpancés tienen una religión).

Chimpancé
Chimpancé (foto de La Vanguardia)

As cautelas de Lucy Cooke

Nesta liña, Lucy Cooke advertía do risco (científicamente falando, enténdese) de atribuir ós animais conductas puramente humanas e, como exemplo, empregaba precisamente este caso. Non negaba a posibilidade de que estes chimpancés tiveran desenvolvido unha espiritualidade que non se atopa noutros grupos de simios. Máis ben descartaba que esa debera ser a primeira interpretación que debíamos darlle. Incluso, engade, supoñemos que os primeiros humáns que levantaron eses montículos de pedras fixérono porque formaban parte de algún ritual, pero que é unha conclusión sacada dende a nosa perspectiva actual e que mui bien podería estar equivocada.

Descoñecemos por que o facían os nosos devanceiros e descoñecemos por que o fan os chimpancés. Calquera cousa que poidamos dicir non pasa de ser unha teoría que, como toda teoría, deberá ser demostrada. Así, no artículo de Rodríguez tamén se fala dun «vínculo emocional» entre os chimpancés e os «lugares sagrados». Por o que sabemos, pode ser simplemente atracción por un lugar concreto, por uns patróns á hora de ordenar as pedras ou, simplemente, descubreron a beleza deses lugares concretos e das transformacións que eles mesmos fan. ¿Acaso non poden os chimpancés ter desenvolvido un sentido estético no canto dun relixioso?

Unha visión antropocéntrica

«Nuestra visión antropocéntrica del mundo siempre nos hizo pensar que determinados fenómenos intelectuales eran exclusivos de la especie humana, pero […] casi nunca es así», dice Rodríguez. Asimismo, e perdoen a perífrasis, a nosa visión antropocéntrica do mundo sempre nos fixo pensar que determinadas actuacións animais so podían atribuirse a valores humáns e casi nunca foi así. Tendemos a interpretar o mundo partindo de ideas preconcebidas, das que intelectualmente máis nos conforten, daquelas que nos axuden a entender o que nos rodea sen cambiar os nosos prexuicios.

Non somos deuses, no hai lume e non hai ningún Prometeo que veña a roubárnolo para darllo ós chimpancés. Tal vez deberíamos tomarnos menos en serio, quitarnos importancia e tratar de ver o mundo dende outros puntos de vista. Como o do chimpancé que se senta diante dun árbol oco despois de colocar unhas pedras.

Máis entradas sobre ciencia.

Podes ler este texto en castelán: La religión de los chimpancés.

Deixa unha resposta