Abellas, abellós, avespas, formigas e humanos

Abellón

Ver volar a un abellón induce a un á moleza. A aparente falta de presa, o camiñar pausado entre as flores da lavanda, o aire sempre preguiceiro que transmite, a pesar da súa laboriosidade… Nada nos fai pensar na complexidade destes insectos: no seu xeito de comunicarse, en que sexan capaces de recoñecer figuras complexas ou, como acaba de descubrirse, que sexan quen de imaxinar cousas.

Si, de imaxinar cousas. Pode que non sexa unha imaxinación visual como a nosa, pero permítelles a abstracción e a creación dun mapa mental que lles permite identificar o que tocaron a escuras coa forma que ven con luz. Tamén poden analizar situacións, asociar ideas, comunicarse (visualmente e con vibracións) e demostran nocións sobre o espazo e o tiempo. Nas abellas hai intelixencia individual e, tamén, unha especie de protoconciencia.

Avespa
Avespa

O GPS das formigas

Algo semellante pasa coas formigas, curmás das abellas, e co proceso que teñen para descubrir e dar a coñecer os camiños ata as fontes de alimento e o GPS interno que lles permite atopar sempre o camiño.

Segundo o neurobiólogo Michael Sheehan, no caso das avespas, outras membros dos himenópteros, «as presións de selección máis intensas na historia recente […] non foi lidiar co clima, atrapar alimentos ou parásitos, senón mellorar o trato mutuo» e, para eso, desenvolveron un recoñecemento facial que lles permite distinguir a unha avespa doutra. É dicir, recoñecen a individualidade e eso permítelles traballar mellor en equipo.

Parece que estes tres artrópodos son capaces de incorporar unha intelixencia individual a unha sociedade complexa. Como os chimpancés, os delfines ou os humanos.

Sociais, pero individuais

Porén, sempre aparecen representados como individuos simples que viven por e para unha estructura social, sen ningún tipo de vida particular. Tanto é así, que as mentes colmena da ciencia-ficción que, segundo a Wikipedia, están inspiradas en sociedades de «insectos que basan su reproducción en un solo elemento fértil, como las abejas, termitas y hormigas, capaces de desarrollar comportamientos de elevada complejidad a partir de individuos de comportamientos muy limitados».

Agora cando volvamos ver un abellón voando preguizosamente, mentras ouvimos ese zumbido que soa a sesta de verán, parémonos a pensar que é moito máis ca un membro reemplazábel dun mecanismo social e sintamos un pouco de envexa pola súa vida como individuo e como parte dun enxame.

Máis entradas sobre ciencia.

Podes ler este texto en castelán: Abejas, abejorros, avispas, hormigas y humanos.

Deixa unha resposta