Categorías
Cultura Libros

‘Atlas de islas remotas’, de Judith Schalansky

Cando eramos nenos e estudiabamos xeografía, os nosos libros de texto definían unha illa coma unha porción de terra rodeada de auga por todas partes. A asignatura non deixaba lugar ó lirismo, á interpretación ou á imaxinación. Todo tiña que cinguirse ó observábel, ó mensurábel, ó físico. Atrás, moi atrás quedaron aqueles tempos nos que os cartógrafos enchían mares con debuxos de monstros mariños ou rosas dos ventos.

Pero hai una xeografía íntima que nos ensina que unha illa é moito máis do que definiron os xeógrafos. Só evocar a imaxe dunha delas fai que anosa mente voe. Pode ser un voo cheo de esperanza, de ansias de liberdade; pode ser voluntario, en busca dunha utopía, ou forzoso, para acabar preso ou desterrado; pode significar unha soidade desexada ou un aillamento imposto. 

Nomes de illas como Decepción, Cocos, Thule Sur, Floreana ou Pitcairn son capaces de evocarnos soños ou de facernos revivir aventuras esquecidas hai tiempo sen que teñamos que movernos da nosa cadeira.

Detalles de la portada del Atlas de islas remotas
Detalle da capa de Atlas de islas remotas, de Judith Schalansky

O Atlas de islas remotas

Eso é o que consigue Judith Schalansky ó presentarnos Atlas de islas remotas (subtitulado Cincuenta islas en las que nunca estuve y a las que nunca iré): unha viaxe única, sen rumbo nin destino, que nos fará percorrer os cinco océanos saltando de illa en illa a través de historias reais que van do desesperanzador ó extraordinario.

Hai illas deshabitadas ou inhabitábeis; que se afunden irremisiblemente ou poboadas por daltónicos. Illas que teñen ou tiveron bases militares, meteorolóxicas ou baleeiras. Illas con historia, con lendas ou protagonistas de mitos. Illas misteriosas e illas do tesouro.

Todo presentado dunha forma moi visual e acompañada de textos que sempre te deixan con gañas de saber máis, na que cada illa ten o seu propio espazo e coa que se acentúa a independencia (polo menos xeográfica) de cada territorio.

Tamén hai leccións como a que serve para comezar o texto sobre Tristán de Acuña: «As rebelións estalan nos barcos, as utopías persíguense nas illas».

Ficha

  • TítuloAtlas de islas remotas. Cincuenta islas en las que nunca estuve y a las que nunca iré.
  • Título orixinal: Atlas der Abgelegenen Inseln. Fünfzig Inslen, auf denen ich nie war und niemal sein weder.
  • Autor: Judith Schalansky
  • Edición: Novembro 2013 (reimpresión de marzal 2014)
  • Editorial: Nørdica libros
  • Encadernación: Cartoné
  • Páxinas: 160
  • Ilustracións: 50 mapas de islas
  • Dimensións: 17 cm × 24 cm
  • Prezo: 23,95 euros
  • ISBN: 978-84-94169-07-6

Máis entradas sobre libros.

Podes ler este texto en castelán: ‘Atlas de islas remotas’, de Judith Shalansky.

Unha resposta en “‘Atlas de islas remotas’, de Judith Schalansky”

Deixar unha resposta