Categorías
Historia

A batalla da fraga de Teutoburgo

Se pensamos en batallas que mudaron o rumbo da historia, viránnos á cabeza Waterloo, Termópilas, Normandía ou Stalingrado. Un feixe de nomes entre os que é probábel que non estea Teutoburgo. E, sen embargo, foi unha das máis decisivas da Antigüidade.

Contexto

Xulio César conquistara a Galia e establecera a fronteira romana con Xermania no Rin e os Alpes. No 44 antes de Cristo, César (o primeiro dos doce césares, para ser máis preciso) é asesinado e designa coma herdeiro ó que máis tarde sería coñecido coma Augusto. Este feito provoca unha guerra civil que acaba ca muerte de Marco Antonio e con Augusto no poder. En medio de este ambiente de crise política e de guerras intestinas, os xermanos cruzaban casi impunemente o limes do Rin.

Cando o poder en Roma volve estabilizarse, Augusto comeza a pacificación de Germania. Druso e Tiberio levan a cabo accións punitivas ó outro lado do Rin. A consecuencia disto, establécese o limes no río Elba e a créase a provincia de Germania Magna. Pero esta provincia non era máis que algo meramente nominal. A pesares de que algunhas tribus xermanas estaban sometidas, moitas delas seguían sendo tan belicosas coma antes, pese á preseza militar romana na rexión.

Nestas circunstancias, facíase preciso a un gobernador forte na zona. Para o posto, Augusto elixiu a Publio Quintilio Varo, exgobernador de Siria. De el dicíase que chegou pobre a unha provincia rica e saiu rico deixando unha provincia pobre. Tamén se falaba da súa dureza ó reprimir o levantamiento xudeo que se produxo tras a morte de Herodes o Grande. Veleio Patérculo, dicía de Varo que era unha persoa codiciosa, lento de mente e corpo, máis dado á molicie que á disciplina do campamento e que pensaba que se podía someter ós xermanos ca forza da lei máis que coa da espada.

Germania Magna entre os anos 7 e 9
Germania Magna entre os anos 7 e 9

A batalla de Teutoburgo

No ano 9 d. C., Varo cruza o Rin con tres lexións (entre 20 000 e 25 000 soldados, contando os auxiliares, ós que habería que sumar escravos, comerciantes, prostitutas…) e establece os seus campamentos de verán en territorio querusco (na zona do actual Hannover). Os xermanos non estaban completamente sometidos e, se a esto lle sumamos a avaricia de Varo (entendía impor a lei coma impor tributos abusivos), temos ingredientes máis que suficientes para que un pobo guerrero decida sublevarse.

Arminio
Arminio

Esta rebelión xermana non foi coma a gala liderada por Vercinxétorix. Neste caso, Arminio, querusco criado e formado en Roma, membro das lexións auxiliares e cidadán romano, sabía que unha insurrección aberta non podía triunfar. Coñecía as tácticas lexionarias, a súa disciplina, as súas virtudes e os seus defectos. E decidiu explotalas.

Mediante enganos levou ás tropas de Varo hacia a fraga de Teutoburgo, nas proximidades da actual Bielefeld. A medida que as lexiónes de Varo ían avanzando, Arminio foi informando de pequenas revoltas en aldeas próximas. O comandante romano permitiu que algunhas unidades se separasen do exército para acabar con ditas sublevacóns. Esas insurreccións non existían e as unidades separadas eran aniquiladas en constantes emboscadas.

A vangarda xermana (que facía as veces de exploradora), ó mando de Arminio, deixou o ejército romano. Os hombres de Varo avanzaban lentamente a través da fraga e os pantanos. Xa no bosque, onde o terreo impedía unha orden de marcha que permitiese a defensa en caso de ataque, comezou a chover. Foi o momento no que se desatóu a ofensiva xermana. A sorpresa da emboscada, sumada ó pouco espazo para maniobrar e ás dificultades engadidas pola choiva, desordenaron as lexións. Nestas circunstancias, unha infantería pesada coma a romana pouco tiña que facer contra as acometidas da infantería lixeira ó mando de Arminio. Porén, os lexionarios lograron reagruparse, resistir e saír a un espazo aberto, onde eran prácticamente invencíbeis.

Finalmente, as lexións de Varo volveron a internarse nas fragas e de novo volveron atoparse coa mesma escena: unha infantería lixeira coñecedora do terreo que masacraba unha e outra vez á infantería pesada. A cabaleiría romana tentou fuxir, pero foi aniquilada antes de chegar ó Rin. Varo e o seu estado maior, sabendo o que sucedería se eran capturados con vida, optaron polo suicidio.

A batalla da fraga de Teutoburgo, tamén coñecida coma o Desastre de Varo, saldouse coa perda de tres lexiónes máis as súas tropas auxiliares. Entre o 8 e o 11 de setembro do 9 d.C., uns 15 000 romanos morreron nas fragas xermanas a causa da mala xestión civil e militar de Publio Quintilio Varo.

Reaccións a derrota

O emperador Augusto
O emperador Augusto

As noticias do desastre chegaron a Roma case ó mesmo tempo que a cabeza cercernada de Varo. Ó recibila, o siempre flegmático Augusto quedou completamente consternado. Tanto que, segundo recolle Suetonio, a miúdo golpeábase a cabeza contra unha porta e berraba: Quintili Vare, legiones redde! (¡Varo, devólveme as miñas lexións!).

Roma reaccionou enviando a Xulio César Xermánico ó mando de oito lexións. Xermánico logrou derrotar á coalición liderada por Arminio, recuperar as aguias de Varo (obxectos case sagrados para os romanos) e atopar o lugar do desastre, onde rendiu honores ós caídos.

Tácito describe o que viron:

No campo, os ósos dos soldados xacían esparcidos polo chan, cada un no lugar onde caíra defendendo a súa posición ou fuxindo. Había restos de armas e tambén os ósos dos cabalos, mentras que había cabezas humanas clavadas nos toros das árbores de arredor. Nestas arboledas atopábanse os altares bárbaros onde foron sacrificados os tribunos e os centurións.

Tácito.

Consecuencias da batalla de Teutoburgo

As consecuencias da batalla da fraga de Teutoburgo foron catastróficas para Roma. Non só pola perda das lexións XVII, XVIII e XIX (cuxos números nunca volveron recuperarse). A derrota en Teutoburgo supuxo que o limes se establecese definitivamente no Rin e se frease a expansión romana en Europa. Lonxe de supor prosperidade, esta paz foi un golpe moi duro para a economía romana, baseada na conquista e explotación dos recursos naturais das rexións ocupadas.

A longo prazo, a derrota de Varo en Teutoburgo significou que a mediados do siglo XIX Arminio, o guerreiro querusco, pasase a convertirse no símbolo da resistencia alemana. A figura del heroe xermano esgrimiuse coma modelo durante a Guerra Franco-prusiana de 1870 (que, xunto coa Guerra Autro-prusiana de 1871, acabaría significando a unificación dos estados xermánicos e la creación de Alemaña). Durante a II Guerra Mundial, tamén foi recuperado polo partido nazi.

Máis entradas de historia.

Tamén podes ler este texto en castelán: La batalla del bosque de Teutoburgo.

Unha resposta en “A batalla da fraga de Teutoburgo”

Deixar unha resposta