Christina Moreira: “Hai que abrir o sacerdocio legal e igualitariamente”

Christina Moreira é a primeira bispa galega. A súa visión eclesiástica é sinodial, feminista, modernizadora e crítica, pero tamén conciliadora coa xerarquía eclesial actual.
Dende hai moitos anos, as mulleres están a chamar ás portas do Vaticano para poder ser presbíteras e formar parte da xerarquía da Iglexa Católica. Pero sempre se topan co canon 1024 do Código Canónico que di que «so o varón bautizado recibe válidamente a sagrada ordenación» e coa Congregación para a Doctrina da Fe, que nega unha e outra vez as súas peticións. Porén, Christina Moreira (París, 1964) é a primeira muller española ordenada bispa.
A historia comeza o 29 de xuño de 2002 cando os bispos Rómulo Antonio Braschi, Ferdinand Regelsberger e un terceiro descoñecido, ordenaron ás chamadas Sete do Danubio como as primeiras bispas católicas. Tres destas bispas (Bridget Mary Meehan, Christine Mayr-Lumetzberger e Gisela Forster) viaxaron a fins de xuño de 2025 a Santiago de Compostela para ordenar a Christina Moreira coma primera bispa española, aínda que ela quítalle importancia a esa primacía. «Esto non son os Xogos Olímpicos, a orde non cambia nada».
Todo o pensamento e o ministerio de Moreira están transidos pola sinodalidade, unha sorte de democratización asamblearia da igrexa, e o feminismo. «Non debería arrepiarnos. É o vocabulario do noso mundo de hoxe, século XXI. A sociedade é para nós hoxe o monte onde proclamar as Benaventuranzas: Non hai outro tempo, non hai outro lugar e esa é a nosa xente, coa que traballamos, estudamos, convivimos. Falar a súa linguaxe non lle resta nada á mensaxe evenxélica e, se acso, apórtalle claridade».
As mulleres vimos a contribuir á reconstrucción, non a destruir nin dividir
Moreira mostrase moi crítica coa estrutura da Igrexa católica. Afirma que é «froito dunha historia colectiva máis ampla e de hábitos sociais deleterios (que causan a norte, letais, en sentido figurado) e non da doctrina de Xesús e da boa xente que lle segue honradamente, está perpetuando un sistema de funcionamento piramidal, imperial, feudal e falocrático». Ó que engade que «o sistema é o que ten que mudar. As mulleres vimos a apoiar o troco e a sinalar solución; vimos a contribuir á reconstrucción non a destruir nin dividir».
«As mulleres consultámonos, liámonos a falar e dialogar, rímonos e choramos, compartimos experiencias, recursos, penas e ledicias. Ensinámonos mutuamente e nos levantamos unhas a outras se caemos. Vimos da cultura da opresión. Unha opresión todavía máis forte se somos empobrecidas, racializadas ou extranxeiras».

O modelo de igrexa de Christina Moreira
A bispa galega non está recoñecida pola xerarquía vaticana e, polo tanto, non ten un marco xeográfico ou xerárquico sobre o que exercer o seu cargo. «A miña diócese é o mundo», di, «como católica é bastante coherente, xa que ‘católica’ significa ‘universal’».
Nun parafraseo, tal vez involuntario, da famosa frase de Cristo («O meu reino no é deste mundo», Xan, 18:36), Moreira afirma que «a miña diócese está onde estea a xente que precise unha palabra de consolo, quen a acolla con empatía en momentos de dor ou de amor». Non ten límites territoriais, pazos episcopais, templos ou intereses económicos, «é un lugar onde os servizos mutuos manteñen a todos en cohesión porque ninguén está illado. É unha comunidade unida e buliciosa».
Todo o seu modelo eclesial pode resumirse en tres frases consecutivas que casi teñen aura de mandamento: «Igrexa sinodal sí, e canto antes. Igrexa democrática e adulta, horizontal e inclusiva. Sanadora e esperanzadora».
As mulleres vimos da cultura da opresión. Unha opresión todavía máis forte se somos empobrecidas, racializadas ou extranxeiras
O recoñecimento papal
Dado que, como diciamos máis arriba, o Dereito Canónico deixa explícitamente fóra do sacerdocio as mulleres (o único dos sete sacramentos católicos do que están excluidas), preguntamos a Moreira sobre as esperanzas de que León XIV permita que as mulleres accedan ó orde sacerdotal. «O papa tennos a súa disposición. Temos moito que contarnos mutuamente, que compartir, polo ben da Igrexa e da xente que en moitos países pide que se ordenen mulleres».
Aínda que se amosa conciliadora co statu quo, tampouco nesto Moreira ten pelos na lingua. «En canto ó permiso do papa, non o estivemos agardando ou, máis ben, agardámolo demasiado tempo. O Reino non agarda, a xustiza non sufre atrasos, a paz urxe tanto e o que hai que facer faise. Pedir permiso é de supeditados e infantes… e esclavas».
Cando fala de «abrir por fin os ministerios de maneira legal e igualitaria», non fala so das mulleres, tamén alude a «colectivos como o LGBTIQ». «É unha necesidade», sentencia.
A excomunión
A capacidade dos bispos de impor o orden sacerdotal deriva da sucesión apostólica. Así, os bispos ordenados hoxe, son herdeiros directos dos apóstoles a través de tódolos ordenantes previos e transmiten esa lexitimidade. Moreira é bispa porque hai unha sucesión apostólica documentada que chega ata ela («transmitíronma e téñoa documentada», asegura).
Porén, o Decreto Xeral sobre o delito de intento de ordenación sagrada dunha muller, emitido por la Congregación para la Doctrina de la Fe, di que «tanto quen tente conferir o orden sagrado a unha muller como quen tente recibilo incorren en excomunión latae sententiae» (literalmente «pena (xa) imposta», esto é, unha sentenza automática sen intervención de xuices que entra en vigor no mesmo intre de cometer o delito). Ó tratarse dunha latae sententiae non se comunica a excomunión. Neste caso, di la bispa, «o delito é non ter os xenitais correctos». «As mulleres desobedecemos unha lei inxusta, como teñen ensinado tantas activistas pro dereitos humáns e sociais». O que fan é, «desobedecer ós hombres para obedecer a Deus», como dixo o Apóstolo Pedro nun discurso ante o Sanedrín (recollido en Feitos, 5:29-32).
O delito é non ter os genitais correctos. As mulleres desobedecemos unha ley inxusta
Para Moreira, a excomunión hoxe so significa «exclusión, castigo, estigmatización ¿máis dor engadido a tanto como hai por doquier?» e amece «que se pretenda castigar coa exclusión a persoas bautizadas que so buscan predicar o evanxeo e convidar ós seus irmáns e irmás á mesa do Señor, sen outro crime que reportar, non deixa de ser altamente contradictorio co afán de Xesús por reunir a canta máis xente mellor, en darlles de comer e sanalas sen importar o seu estado de vida, nin sequiera quen son».
Reaccións
Por suposto, dende os sectores máis tradicionais e conservadores da Igrexa houbo reacción que Moreira define como «unha fogueira mediática que nunca se apaga». Asegura estar sendo atacada nas redes sociais con «mentiras, calumnias, faltas de respecto, maldicións…» e que está «a pensar en xudicializar o proceso e denunciar».
Dada esta situación propón «unha reflexión profunda para pór de relieve o xornalismo serio, dar ferramentas de uso masivo para desenmascarar as falsas novas e defendernos xudicialmente dos danos que causan. Algo así como o xulgado da violencia e abusos nos medios, como o que existe para a violencia contra as mulleres, por exemplo. Unha simple dirección de correo para enviar ligazóns delictivos sería moi apreciada, polo menos no meu caso».

¿Quen é Christina Moreira?
Moreira é membro da Asociación de Presbíteras Católicas Romanas (ARCWP, polas siglas en inglés de Association of Roman Catholic Women Priests, que xa agrupa a más de 300 mulleres de todo o mundo) e xa foi ordenada diaconisa en 2012. «Ós meus doce anos de ministerio visible, sumo varias décadas de traballo eclesial na sombra. Anos que foron capitalizados por curas que se atribuían os nosos logros como un pastor apúntase os méritos das ovellas».
Tamén forma parte da coruñesa Comunidade Cristiá do Home Novo (fundada en 1968 polo sacerdote Manuel Espiña Gamallo á sombra ou, mellor, á luz do Concilio Vaticano II), que se define como «unha comunidade de base de organización laica, democrática, situada no humanismo cristián e a galeguidade». Estas características, tan afastadas nun principio do que percibimos como igrexa católica, teñen xustificación por parte de Moreira «basear a nosa organización en valores como a democracia ou a igualdade non é máis que ser coherentes coa predicación e a praxis de Xesús en favor do ser humán como eixe central para o Reino que anunciaba».
«A galeguidade», continúa, «está aliñada con ese mesmo principio. A nosa comunidade fundouse sobre o anhelo de poder celebrar a misa en galego. […] Xesús falaba arameo, a nosa xente fala galego. […] A comunidade ten dereito á súa identidade con tódalas consecuencias. E eu, que tamén so galega, teño o deber de servila como precisa».
Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.