‘Cartas portuguesas’: unha viaxe máis alá de toallas, fado e bacallau
No artigo El fantástico Club de Portugal, Manuel Rivas pregúntase «¿Quién era realmente ese otro yo llamado Portugal?». Para moitos, non pasa de ser un lugar onde mercar toallas, comer bacalhau à brás, ou facerse cun recordo en forma de galo de Barcelos, pouco máis ca un destino vacacional. Pero é máis, moito máis.
Portugal é un país co que compartimos historia, cultura ou sensibilidade, pero tamén é un ó que sempre lle viramos as costas. España vive abrazándoo xeográficamente e obviándoo en casi todos os demáis aspectos. As Cartas portuguesas de Rita Barata Silvério (Estremoz, 1975) veñen a enmendalo.
Cartas portuguesas: Da newsletter ó libro
Estas cartas comezaron en juño de 2020 como unha newsletter quincenal. A intención era dar a coñecer ós españois a historia, o arte, a música, a gastronomía e os costumes dos nosos vecinos. Un achegamento cheo de datos interesantes, curiosidades e humor nas nosas caixas de entrada electrónicas. Agora é tamén un libro, editado por Mr. Griffin e o primeiro da colección Vía Postal.
Barata Silvério cóntanos as viaxes de ida e vuelta (tanto reais coma metafóricas) do colonialismo, as rexoubas das cortes portuguesas, as guerras, os amoríos, as revolucións, os éxodos e, sobre todo, a nada desdeñábel importancia das mulleres (raíñas, cortesás, xornalistas, artistas, cociñeiras) ó longo da historia portuguesa.
Se, ademáis de Portugal, hai algún protagonista destas cartas, esas son as mulleres que axudaron a conformar a identidad do Rectángulo. «Cando comecei esta newsletter decidín que a cuota do 30 % ía ser para os homes», dixo na presentación, celebrada na embaixada de Portugal en Madrid.
Todas as Cartas portuguesas están escritas dende un amor tenro hacia Portugal, coa arela de que os de fóra o coñezamos e nos acheguemos, que convirtamos a Raia nalgo que nos una, que vexamos que, no fondo, somos iguais. Tamén é unha vía, tal vez non procurada ó principio, pero si aproveitada, de coñecer mellor e querer máis ó seu propio país. É inevitábel ler a Barata Silvério sen facer noso ese amor sincero.
Calquera que coñeza Portugal a través destas Cartas portuguesas quererá formar parte dese fantástico Club de Portugal.
Ficha técnica de Cartas Portuguesas
- Título orixinal: Cartas portuguesas
- Primeira edición: 2022
- Editorial: Mr. Griffin
- Encuadernación: Rústica
- Formato: 17 × 12 cm
- Páxinas: 320
Máis entradas sobre libros.
Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.