‘Chapapote’, crónica dunha marea negra
Serxio Ces, protagonista e narrador do documental Percebeiros, de David Beriain, fala da importancia do ouvido no mar para poder adiantarse ós embates das ondas. O 13 de novembro de 2002, ás 15.15 horas, sobre o ruido do temporal que azoutaba a costa atlántica galega, ouviuse un estalido que aínda hoxe ten ecos. Foi o do Prestige e unha desas reverberacións é Chapapote, un libro coral coordinado por Xosé Manuel Pereiro.
En Chapapote dez autores abordan a traxedia dende diferentes puntos, compoñendo entre todos a maior crónica xornalística sobre a marea negra que bañou en fuel todas as costas dende Portugal ata Francia. Fiados por breves textos de Pereiro, as distintas aportaciones van das más literarias (como a de Manuel Rivas) á pura infografía (a elaborada por Artur Galocha e Lara Graña), con firmas veteranas (Xosé Hermida) e outras máis novas (Lucía Taboada).
Ó longo das 376 páxinas e de forma casi cronolóxica lemos sobre os antecedentes (Urquiola, Cason, Mar Exeo); a xestión da crise, os tempos de reacción e a comunicación dende as administracións; os intentos de desactivar ó colectivo Nunca Máis; o proceso xudicial (aínda en curso) e o impacto medioambiental. Pero tamén sobre os voluntarios, os mariñeiros, as mariscadoras… esa marea branca que baixou ás praias e empoleirouse ó cantís para loitar contra a marea negra, a organización a través dun internet precario, a humanidade que floreceu nas costas asfaltadas polo fueloil.
As últimas semanas de 2002 encheron os nosos televisores de cormoranes alquitranados, de “hilitos de plastilina” e de “playas esplendorosas“, de “galletas” de fueloil. Pero también encheu as nosas almas de solidariedade e compañeirismo; os nosos espíritus de conciencia ecolóxica e de que o que é de ninguén, coma o mar, é de todos; as nosas bocas de chapapote e de Nunca Máis. Todo esto es Chapapote.
Os autores de Chapapote
Os once autores que participan en Chapapote son, por orden de aparición:
- Manuel Rivas. Xornalista, escritor, codirector da revista Luzes e autor do texto La revolución do mar.
- Xosé Manuel Pereiro. Xornalista, codirector da revista Luzes, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coordinador e editor do libro.
- Artur Galocha. Infografista de The Washington Post e responsable, xunto a Lara Graña, de Autopsia forense e ingeniería naval.
- Lara Graña. Xornalista de El Faro de Vigo e autora, xunto a Artur Galocha, de Autopsia forense e ingeniería naval.
- Arturo Lezcano. Xornalista, productor e fundador de Ailaleo e autor de Esperando el Big One.
- Lucía Taboada. Xornalista da Cadena SER e autora de Vidas en negro.
- Natalia Junquera. Xornalista de El País e autora de El ejército blanco.
- Marta Veiga Izaguirre. Xornalista e autora de A épica do ultraje.
- Xosé Hermida. Xornalista de El País, Premio José Couso á Liberdade de Expresión e autor de Bajo la playa, los adoquines.
- Fernando González, Gonzo. Xornalista, presentador de Salvados e autor de Así lo vieron y así lo contaron (o no).
- Brais Cedeira. Xornalista de El Español e autor de A rendición de cuentas.
- Silvia R. Pontevedra. Xornalista de El País e autora de A ballena negra e los santos inocentes.
Ficha técnica de Chapapote
- Título: Chapapote.
- Primeira edición: Novembro 2022.
- Editorial: Libros del K. O.
- Encuadernación: Rústica.
- Formato: 21,5 × 14 cm
- Páxinas: 376
Máis entradas sobre libros.
Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.