Categorías
Cultura Música

De Nova Orleáns a Nova York con Satellite

Nova Orleáns é unha ciudade inabarcábel por poliédrica: española, francesa, americana e africana; negra, mulata, mestiza e crioula; esclrava e ceibe; que rinde un certo culto á morte e porén, ou precisamente por eso, festiva. E aquí é onde nace o jazz. Unha música chea de vida, nada do optimismo que xurde do máis escuro da escravitude, combinado ca multiculturalidade africana e a tradición musical occidental. 

En certo modo, o jazz é como a jambalaya. Coma este prato típico de Luisiana, é unha mistura moi especiada de ingredientes que, en principio, pouco ou nada teñen que ver entre si, estraño nun primeiro momento e, en ocasións, próximo á estridencia. Pero o jazz creceu, madurou, expandiuse e misturouse con moitas outras correntes musicais para seguir crecendo, madurando e expandiéndose.

E, aquí é onde quería chegar, todo esto se recolle en Magic King Stomp, o novo EP de Satellite, unha banda de jazz tradicional que ven de Madrid e que nos leva de viaxe dende os barrios de Nova Orleáns de principios do século XX ata as grandes salas de concertos de Nova York cunha breve escala en Chicago.

Portada de Magic King Stomp
Portada de Magic King Stomp, de Satellite.

Magic King Stomp

Na descripción do disco din que

‘Magic King Stomp’ es la celebración del jazz, la vuelta al bullicio de las calles de Nueva Orleans, un viaje al pasado, pero no para recrearlo tal cuál era, sino más bien para recordarlo y actualizarlo: captar su espíritu, ahondar en su esencia y homenajearlo desde el presente, con respeto y admiración.

E é tan así que a primeira canción, a que da título o disco, é un retorno ás orixes, ás festas na rúa, ás bandas de amigos que tocaban nas esquinas de Bourbon Street sen máis regras que as que a música e o ritmo ían impoñendo sobre a marcha.

A medida que avanza o disco, o son vaise refinando (permítanme esta expresión), cunha percusión e uns metais máis limpos, e adquirindo tons máis propios das big bands, coma as que acompañaron a Louis Armstrong durante grande parte da súa carreira (especialmente durante os anos 30 e 40), aínda que sempre hai un banxo que lembra a vella ciudade dos Borbóns.

Satellite atrévese co God bless the child de Billie Holiday. Un chelo (Pablo Sánchez), a cálida voz de Sarita Brown e pouco máis, porque ¿quen necesita máis?

Tamén hai unha balada na que o banxo de Manu Grooveman envolve, máis que acompaña, a Brown. Aínda que non sexas de cancións “brandas”, Starlight te gustará. Prometido. E para os que se pregunten que pinta un banxo nunha balada, recoméndolle que a escoite e verá como todo ten explicación.

Un disco altamente recomendable. Aínda que, por pór unha pega, demasiado curto.

Podes mercar Magic King Stomp por cinco euros (máis a vontade) en Bandcamp. Permite escoitarlo antes de mercalo, pero asegúrovos que non vos arrepentiredes se o mercades sen escoitalo (como fixen eu).

Cancións de Magic King Stomp:

  1. The Trip (Intro) 01:07
  2. Magic King Stomp 04:57
  3. It’s better to give than to receive 03:12
  4. I wanna 02:58
  5. God bless the child 03:45
  6. Starlight 03:11
  7. There isn’t anymore (Finale) 00:47

Membros de Satellite:

  • Manu Grooveman: banxo, guitarra, baixo e voz en Magic King stomp.
  • Sarita Brown: voz principal.
  • José Luis Calandria, Tristón: batería.
  • Joshua Díaz: saxo alto, clarinete.
  • Javi Ramírez: trombón.
  • Pablo Sánchez: chelo.
  • Lorenzo Matellán: piano.
  • Marisa Simon-Moore: voz en I wanna.

Máis entradas sobre música.

Tamén podes ler este texto en castelán: De Nueva Orleans a Nueva York con Satellite.

Unha resposta en “De Nova Orleáns a Nova York con Satellite”

Deixar unha resposta