Eduardo Martínez, o ‘Schindler galego’

Eduardo Martínez

Entre todo o horror da Guerra Civil española e da II Guerra Mundial, xurdiron figuras que se enfrontaron na medida das súas posibilidades a todo o que lles rodeaba. Todos coñecemos a Oskar Schindler grazas á película que rodou Steven Spielberg. Coma el, Eduardo Martínez, un médico e espía ás ordes do servicio de intelixencia británico ó que se coñece coma o «Schindler gallego», axudou ós prisioneiros do Reich que estaban retidos en España.

Un galego ó servizo de MI5

Salón de té Embassy
Salón de té Embassy

Dende a súa posición de médico burgués que non era sospeitoso de rojo, seguiu traballando para a Cruz Vermella e frecuentou o ambiente elitista do salón Embassy, en Madrid. Alí se reunía buena parte da «xente ben» da capital española. E tamén era o centro de operacións da intelixencia británica, que o empregaba coma tapadeira para axudar a fuxir a refuxiados dos campos de Miranda de Ebro e o Pirineo (algún día habería que falar dos campos de concentración en España) a través de Xibraltar e Galicia. É neste punto onde a figura de Eduardo Martínez cobra relevancia.

O médico galego pone o seu piso de Vigo e a súa casa de Redondela a disposición dos refuxiados antes de que consigan pasar a Portugal. O cruce da fronteira facíase dende Tui e coa connivencia dos gardinhas portugueses. Outra vía de saída era grazas ós mariñeiros galegos, especialmente os irmáns Moncho e Faustino Otero, que, nas súas dornas, levaban ós perseguidos ata os buques da armada británica.

Mapa do roteiro de fuxida a Portugal debuxado por Eduardo Martínez.
Mapa do roteiro de fuxida a Portugal debuxado por Eduardo Martínez.

Fuxida ó exilio

Pero non só operaban en Madrid os servizos secretos británicos. A Gestapo también facía o seu traballo dende o Ritz. E parte deste traballo consistía en evitar a fuga de prisioneiros de guerra. A persoa e o labor de Eduardo Martínez empezaron a verse ameazados e, empregando a súa lúa de mel como tapadeira, vai de Madrid a Lisboa e, dende alí, ó exilio en Londres.

Regresou a Madrid ó final da II Guerra Mundial e seguiu traballando para a Cruz Vermella ata o seu pasamento en 1972. A Cruz Vermella estima que, a través da fronteira galega, escaparon a Portugal unhas 30 000 personas. Foi condecorado en 1945 coa Medalla ó Valor do goberno británico.

38 anos despois da súa morte, a Asociación Galega de Amizade con Israel pide ó concello de Vigo unha calle e un acto de homenaxe en lembranza do labor de Eduardo Martínez.

Fontes

Máis entradas sobre historia.

Podes ler este texto en castelán: Eduardo Martínez, el Schindler gallego.

1 comentario

Deixar unha resposta