Abellas, abellós, avespas, formigas e humanos

Ver volar a un abellón induce a un á moleza. A aparente falta de presa, o camiñar pausado entre as flores da lavanda, o aire sempre preguiceiro que transmite, a pesar da súa laboriosidade… Nada nos fai pensar na complexidade destes insectos: no seu xeito de comunicarse, en que sexan capaces de recoñecer figuras complexas ou, como acaba de descubrirse, que sexan quen de imaxinar cousas.

Seguir lendo “Abellas, abellós, avespas, formigas e humanos”

A relixión dos chimpancés

Algúns chimpancés siguen ritos relixiosos similares ós que poderían ter profesado os nosos devanceiros. De súpeto, a espiritualidade, a única chispa que nos quedaba ós homes para distinguirnos das bestas, salvaba a barreira invisíbel entre a humanidade e a animalidade e chegaba a uns grupos de simios de África Occidental. Prometeo roubáranos o lume para darllo ós nosos peludos parentes. Pero nunca nada é tan sinxelo.

Seguir lendo “A relixión dos chimpancés”