A necesaria ‘Pausa’ de Mónica Grande
Erguerse aínda de noite. Preparar ós nenos. Correr ó colexio. Atasco. Correr aínda máis ó traballo. Outro atasco. Tarefas que se acumulan unhas sobre outras. Mercar. Limpar. Médicos. Ximnasio… Entre as présas e as carreiras perdémonos os pequenos detalles que fan mellor a vida e nos fan mellores a nós. Nunca temos ese intre para pararnos, respirar fondo e observar. Eso que tanto necesitamos é precisamente o que nos ofrece Mónica Grande na súa nova exposición, Pausa.