Gonzalo Torrente Ballester por Gonzalo Torrente Ballester
Ou GTB x GTB, que é como se titula o documentario gravado por RTVE, coa colaboración de TVG, Antena3 e Canal+ e realizado por Luis Felipe Torrente, un dos fillos do escritor ferrolano, e Daniel Suberviola (Hoy por hoy, Cadena Ser). O documentario, narrado (casi) íntegramente polo propio Torrente, comeza coa aparición do autor, de costas a unha librería e con seus característicos anteollos escuros, presentándose persoalmente deste xeito:
Buenas tardes, señores y señoras. Me llamo Gonzalo Torrente Ballester. Nací el 13 de junio de 1910 en el valle de Serantes, al lado mismo de Ferrol, ciudad en la que viví bastantes años de mi vida y a la que debo las características que distinguen a los ferrolanos del resto de los gallegos y que pudiéramos resumir en dos notas, que me parecen fundamentales, que son la fantasía y la razón. Llevado de la fantasía, fui escritor; llevado de la razón, fui profesor. Como profesor, contaminé la razón de la fantasía; y, como escritor, contaminé la fantasía de la razón. Total, que me he formado un buen lío como profesor y como escritor.
Gonzalo Torrente Ballester en GTBxGTB
Un diario falado
Grazas a que Torrente Ballester tiña o seu diario en cintas magnetofónicas (¡qué raro suena esto ahora!), as conferencias gravadas e ás entrevistas en radio e televisión, podemos peecorrer a vida deste insigne galego da súa propia man, case sen intervencións alleas.
É un xeito distinto de achegarse a un autor, moi lonxe da ardua e típica enumeración de feitos, obras e anécdotas. Aquí podemos percibir a personalidade complexa dunha personaxe única na literatura española, algo que, por moito que no-lo digan nos libros de texto, sempre se nos acabará escapando ó ver os feitos filtrados por terceiros que, moitas veces, non coñecen máis ca obra dese persoeiro.
Para todo quen que queira velo, pode atopalo completo en Imprescindibles – Gonzalo Torrente Ballester.
Máis entradas sobre escritores.
Podes ler este texto en castelán: Gonzalo Torrente Ballester por Gonzalo Torrente Ballester.