Categorías
Fóra do espazo-tempo Historia

O culto a John Frum

Ninguén sabe moi ben quen foi John Frum. Nin siquera está claro se ese era o seu nome real ou se foi o que entenderon os nativos da illa de Tanna (Vanuatu), pero os seus fieis saben que algún día voltará cargado de regalos e provisións.

¿Quen foi John Frum?

Non está claro cando empezou o culto a John Frum. A teoría más estendida é que foi nalgún momento da II Guerra Mundial, cando o exército estadounidense avanzaba na fronte do Pacífico, e chegaron a Tanna uns 300 000 militares cargados de material. Polo que conta a historia, un destes soldados deu parte do material que traía o exército ós ni-Vanuatu e, cando marchou, prometeu que regresaría á illa con máis regalos.

Mais todo está envolto nunha brétema mesta. Mesmo o nome non está claro. Crese que ven de John from America e que os nativos acurtárono e adaptárono ata que quedou como John (ou Jon) Frum.1Incluso o apelido está suxeito a debate, pois, aínda que a versión máis popular é Frum, tamén se lle chama Brum ou Prum.

A pesares de que non hai rexistro de ninguén chamado así, a lenda é bastante precisa na súa descripción: Un home de pouca estatura, co cabelo branco, un ton de voz alto e que vestía un abrigo con botóns brillantes.

Porén, un ni-Vanuatu que seica tivo contacto con el describiullo a David Attenborough deste xeito:

‘E look like you. ‘E got white face. ‘E tall man. ‘E live ‘long South America

Semellábase a ti. Tiña a faciana branca. Era un home alto. Vive por Sudamérica.

A orixe do culto

Bandeiras izadas en Tanna en memoria de John Frum

A popularidade do culto2Hai uns 6000 fieis entre os 29 000 habitantes de Tanna. débese en gran medida a unha reacción contra o colonialismo relixioso. A cada vez maior presenza do cristianismo (especialmente presbiteriano) facía que se foran abandonando as crenzas tradicionais melanesias. O malestar entra as comunidades indíxenas era cada vez maior.

Neste contexto faise verosímil unha das versións da historia. Manehivi, un nativo da zona de Sulphur Bay (a Bahía do Xofre), colleu o alcume «John Frum» e apareceu vestido coma un occidental ante os habitantes de Tanna, a quen prometeu casas, roupa, comida e transporte.

Outra teoría sobre a orixe deste culto é que foi froito dunha visión producida polo consumo de kava na que o deus Keraperamun, tomando a forma de John Frum, prometería que os homes brancos abadonarían as illas deixando tódolos seus bens atrás para os melanesios. Para esto acontecer, os habitantes de Tanna terían que rexeitar todo o occidental e voltar ós kastom (do inglés custom, referido neste caso ós costumes tradicionais).

Un membro do Exército de John Frum Army
Un membro do culto a John Frum Army saúda vestido coma un milita estadounidense. (de Alamy Stock Photo, Medium de Mark Parnell).

O Día de John Frum

Fora ou non real e independentemente da súa orixe, cada 15 de febreiro os ni-Vanuatu celebran o Día de John Frum. Ese será o día que regrese cos bens prometidos, aínda que descoñecen de que ano.

Para conmemoralo, os fieis izan bandeiras e organizan desfiles que lembran os dos militares estadounidenses. Os maiores visten ó estilo da mariña dos Estados Unidos, mentras pasan revista ós máis novos, que levan as letras USA pintadas en vermello nos peitos núos, ó tempo que cargan cuns paos a xeito de fusís.

Ritual do Día de John Frum
Habitantes de Tanna celebran o Día de John Frum cun ritual de inspiración militar (imaxe da Universidade de Yale obtida de Military History Now).

En todo caso, John Frum debeu ser real. John Frum é un espírito. John Frum é un mito.

Outros cultos cargo

O culto a John Frum está englobado dentro dos chamados cultos cargo, que proliferaron por todo o mundo durante a época dos descubrimentos e, máis recentemente, durante a II Guerra Mundial. Pode que sexa un dos máis rechamantes e coñecidos, pero hai moitos máis:

  • Movemento Príncipe Felipe (Tanna, Vanuatu).
  • Culto a Tom Navy (Tanna, Vanuatu).
  • Movemento Turaga (Pentecostés, Vanuatu).
  • Culto Yali (Madang, Papúa-Nova Guinea).
  • Movemento Paliau (Manus, Papúa-Nova Guinea
  • Asociación Peli (Papúa-Nova Guinea).
  • Pomio Kivung (Papúa-Nova Guinea).
Indíxenas de Vanuatu con fotos do duque de Edimburgo.
Dous indíxenas yaohnanen amosan imaxes da visita do príncipe Felipe, duque de Edimburgo, a Tanna en 2007. (de Christopher Hogue Thompson, Wikicommons).

Máis entradas sobre historia.

Podes les este texto en castelán: El culto a John Frum.

Unha resposta en “O culto a John Frum”

Deixar unha resposta