‘La nostalgia de la Mujer Anfibio’, o novo realismo máxico galego de Cristina Sánchez Andrade
En 1977, Lucha está a punto de ser asasinada polo seu marido. É o desenlace dunha historia que comeza o 2 de xaneiro de 1921 naa illa de Sálvora (co naufraxio do vapor Santa Isabel a noite antes da voda da protagonista) e o arrinque da novela La nostalgia de la Mujer Anfibio.
La nostalgia de la Mujer Anfibio, de Cristina Sánchez-Andrade (Santiago de Compostela, 1968), conta a historia de Lucha e da súa nieta, Cristal. Na noite do afundimento do Santa Isabel, Lucha foi, coma outras mulleres do seu pobo, ó rescate dos náufragos, pero ela levaba o seu trax de noiva e a melena enredándose nos toxos. Nunha praia atopa a un náufrago inglés, namóranse e el marcha ca promesa de voltar a buscala. Pero non volve.
Lucha vive os 56 anos que pasan entre os dos puntos da historia convivindo ca (des)esperanza, a memoria, o anhelo, as frustracións e o prosaísmo dunha vida condenada a un traballo físico sen ningunha recompensa.
Sánchez-Andrade cóntanolo facendo uso dun realismo máxico herdeiro de Cunqueiro, en ocasións desconcertante e valleinclanesco e con momentos claramente fantasiosos, na línea de Torrente Ballester e converte unha historia anódina por manida nunha historia case épica.
As herdanzas, non sei se conscientes ou non (non sei se imaxinadas por min ou reais), porén, non significan nada se non hai algo que as envolva e lles dea forma. No caso de Sánchez-Andrade ese algo é a prosa, fluida e lírica. Non so enche a mente do lector de imaxes, tamén o fai de sensacións case físicas.
Esa forma de narrar cadra á perfección tanto ca mistura de realidade e imaxinación, como ca estructura da narración. As líneas temporais van avanzando paralelamente ata converxer no final da novela. Esta organización dos capítulos axuda a comprender mejor o sentido e crea expectativas constantemente. Cos mesmos vimbios e unha narración lineal, a historia non tería sido la misma.
Ficha de La nostalgia de la Mujer Anfibio
- Título: La nostalgia de la Mujer Anfibio.
- Autor: Cristina Sánchez-Andrade.
- Primeira edición: Xaneiro 2022.
- Editorial: Anagrama.
- Páxinas: 272.
- Encuadernación: Tapa branda.
- Prezo: 18,90 €.
Máis entradas sobre libros.
Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.