O lago de As Pontes

Esta historia comeza hai moito, alá polo 1976, cuando eu só tiña un ano. Entón, en As Pontes, un pobo coruñés encravado nas Terras do Eume, comezou a funcionar unha central térmica. O lignito que acabaría convertíndose en electricidade extraeuse das proximidades da central.
Co tempo, a explotación mineira de As Pontes convertiuse na máis grande a ceo aberto de España. O seu carón, a cheminea da central de Endesa (356 metros de altura, a máis alta de Europa) parecía poco máis ca un alfilenete que marcase a ubicación do pobo nun mapa.Comparativa do lago de As Pontes (2012-2021).


Índice
Clausura da mina de As Pontes
Chegou o 31 de decembro de 2007. Despois de 31 anos de explotación ininterrompida, a mina se clausurou. No seu lugar quedaba unha enorme oquedade da que se extraeron 261 millóns de toneladas de lignito e máis de 697 millóns de m³ de terra (datos da Wikipedia).
A lexislación obriga a que, unha vez rematadas as tarefas de extracción, a empresa explotadora ten que volver a encher o terreo. Porén, neste caso decidiu facerse unha excepción e permitiuselle a Endesa que enchera a antiga mina con auga. Esta excepción debíase a varias razóns: ademáis do enorme custo que suporía, as escombreiras nas que se ía deixando a terra extraída (e que habería que devolver ó seu lugar) estaba poboada por unha das maiores concentracións de flora e fauna autóctonas de Galiza.

¿Solucionar un desastre ecolóxico causando outro?
Esa era a disxuntiva na que se atopaba a Xunta de Galicia. Foi Endesa a que propuxo a solución: asolgar a mina con 547 hm³ de auga e crear un lago artificial. Para elo faría falta a construcción dun canal de 3335 metros que desviara parte do caudal do río Eume e enchera a mina.
En seguida erguéronse voces críticas. Por unha banda, preocupaba unha posible degradación no Eume ó retirarlle parte do caudal, aínda que se conservara o ecolóxico. Por outra, semellante masa de auga podía provocar cambios no clima e no ecosistema da zona. Algunhas organizacións ecoloxistas tamén alegaron que podería haber filtracións de substancias tóxicas ó Eume e, por conseguinte, á ría de Ares. En calquera caso, contrapuxo a empresa enerxética, a ubicación e as choivas acabarían por alagar a mina. Sexa como for, a Xunta acabou por darlle a razón á eléctrica.
A mina As Pontes convírtese en lago
Nun primeiro momento, a mina foise enchendo rápidamente. Entre a auga do Eume e as choivas de 2009, as tres lagoas que formaran uníronse en unha. Coa auga chegaron as aves migratorias, aniñaron algunhas zancudas e resevouse a parte noroccidental do recén formado lago como reserva ornitolóxica e zona de observación de aves.
Calculábase que o lago estaría completamente cheo a finais de novembre. Porén, a sequía impediu o enchido pluvial e reduciu o volume de auga procedente do Eume, polo que non foi ata agora que se considerou que o lago de As Pontes estaba cheo.

Cunhas dimensións de cinco kilómetros de longo, dous de ancho, 18 de perímetro, 206 metros de profundidad máxima y 547 hm³, o lago de As Pontes é a segunda maior reserva de auga de Galiza, só por detrás do encoro de Belesar (Lugo, 655 hm³), se ben no caso do encalco lucense, a masa de agua non está tan concentrada como no lago de As Pontes.
Fotografías do lago de As Pontes
Para que vos fagades unha idea das dimensiónes do lago, aquí vos deixo unha fotogalería con imaxes tomadas da web Lago de As Pontes, por cortesía das sús autoras: Soledad Souto y Montse García Chavarría.






Fontes
Máis entradas sobre ecoloxía.
Tamén podes ler este texto en castelán: El lago de As Pontes.