A morte do Mar de Aral

Mar de Aral

En moitos lugares podemos atopar fósiles de animais que remataron no que un día foi o fondo mariño. Fixeron falta millóns de anos e cataclismos planetarios para que esto sucedese. Porén, no centro de Asia podemos visitar un deserto no que as profundidades submariñas tardaron menos de 60 anos en quedar ó descubierto: o Mar de Aral. Aínda que alí os fósiles non son crustáceos ou animais antediluvianos, senón barcos enferruxados.

NOTA: Esta entrada é moi longa e está escrita en ratos soltos, así que é probábel que teña redundancias, inconsistencias estilísticas e unha edición pobre.

A evolución do Mar de Aral

En 1960, o Mar de Aral medía 68 000 km² (algo máis ca superficie de Galiza e Cataluña sumadas e bastante máis ca de Aragón). En 2008, só ocupaba 6800 km² (un pouco menos ca provincia de Ourense) repartido en dous lagos. O seu tamaño reduciuse radicalmente: un 90 % en menos de 50 anos. En 2014, o lóbulo oriental do lago sur, que representaba a súa meirande parte, secouse por completo e seica de forma irreversíbel.

O desastre é de tal magnitude que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) considera que o ecosistema do Mar de Aral está colapsado.1Un ecosistema está Colapsado cando é prácticamente seguro que as características bióticas ou abióticas que o definen teñan desaparecido de tódalas ocurrencias e a biota nativa característica xa no é sostida. Esta categoría só se asigna cando os avaliadores están virtualmente seguros (> 99 % de probabilidade) do resultado da avaliación. (Wikipedia)

O que foi o cuarto lago máis grande do mundo hoxe está prácticamente desaparecido. As causas principais non foron secas, cambios na tectónica de placas o calquera outro motivo natural. O culpábel dun dos maiores desastres medioambientais da historia foi o hombre.

¿Por que se secou o Mar de Aral?

Cunca do Mar de Aral

Aínda que o Mar de Aral se atopa entre Casaquistán e Usbequistán, a súa cunca abrangue tamén os veciños Quirguicistán, Taxiquistán e parte de Turcomenistán, por onde transcorren os ríos dos que se nutría: O Amu Daria e o Sir Daria. En total, a cunca cubre 1 549 000 km², unha superficie que equivale a máis do triplo da española.

En mitade do deserto de Asia Central, a auga dos ríos e do lago era un bien tan necesario coma escaso, polo que na década de 1930 empezaron a construirse canais de irrigación que desviaban a auga dos ríos ós campos de regadío. Estas canles eran moi ineficientes e por elas perdíase boa cantidade da auga, ben por filtracións, ben por evaporación. Calcúlase que antes dos anos 60 desviábanse entre 20 e 70 km³ de auga.

En 1959 a Unión Soviética decide converter o desierto de Asia Central nunha zona de cultivo, principalmente de arroz, melóns, cereais e algodón. O obxectivo era que a URSS convertera nun dos maiores productores do mundo desta última materia prima.2Polo menos neste aspecto, o plan foi un éxito, xa que Usbequistán é un dos maiores productores e exportadores de algodón do mundo. O principal problema é que o algodón precisa de moita auga e, de entrada, non parece o mellor cultivo para unha zona desértica.

A medida que pasaban os anos aumentábase o volume de auga trasvasada dos ríos ós regadíos. As consecuencias non tardaron en aparecer. Na primeira década, o nivel do Mar de Aral descendeu aproximadamente uns 20 cm anuais; nos 70, o descenso estivo entre os 50 e os 60 cm por ano; nos 80 o ritmo acelerouse ata situarse entre os 80 e os 90 cm.

Non obstante, esta situación non era inesperada, segundo recolle Tom Bissell en Eternal Winter: Lessons of the Aral Sea Disaster, un enxeñiero soviético dixo en 1968 que «é evidente para todo o mundo que a desaparición do Mar de Aral é inevitábel».3Cita extraída da Wikipedia.

Mar de Aral (1989-2014)
Mar de Aral (1989-2014). Montaxe feita por Producercunningham a partires de fotografías da NASA. Obtido en WikiCommons.

Consecuencias

Como consecuencia da baixada do nivel do auga, xurdiu un problema adicional: o aumento da salinidade do lago, que impactóu de forma decisiva no bioma do Aral e na conseguinte crisis ecolóxica.

Trala desmembración da Unión Soviética houbo un intre de esperanza cando, en xaneiro de 1994, Casaquistán, Usbequistán, Turcomenistán, Taxiquistán e Quirguicistán asinaron un compromiso para dedicar el 1 % de sus orzamentos para recuperar o Mar de Aral. Porén, non pasou de seres un espellismo, xa que o nivel do mar non deixou de baixar de forma alarmante.

Na actualidade, o lago está dividido en dúas partes e, mentras que no Mar de Aral Norte algunhas medidas parecen ter tido éxito4En 2007 construiuse o dique Kokaral, unha presa de hormigón que separa as dúas partes do mar e impide que pase auga cara o sur. Deste xeito, conseguiuse que o nivel do Mar de Aral Norte medrase e a súa salinidade baixase. Antes da construcción do dique, a ciudade de Aralsk (antano costeira) estaba a 100 km da ribeira; en 2015 xa estaba a 20 km. Agora ben, esta melloría parece terse estancado. e se recuperou parte do seu volume, o Mar de Aral Sur está prácticamente abandonado e con toda probabilidade acabará por secarse definitivamente.

Casi podemos decir que del Mar de Aral solo quedan restos en forma de barcos abandonados y oxidados sobre la arena.

Mar de Aral
Barco varado no Mar de Aral (de Gilad Rom, WikiCommons).

O futuro do mar de Aral

A pesares de todo o dito e da pérdida casi definitiva do bioma do Mar de Aral hai moitos plans e accións que poden ser tomadas para que a condea do lago no sea irreversíbel e que se están a estudar. Moitas delas son compatíbeis entre si e pasan por unha reconversión da agricultura, especialmente do cultivo do algodón. Estas son algunhas das máis viábeis:

  • Mellorar a calidad das canles de irrigación.
  • Cultivar variedades de algodón que esixan menos auga.
  • Promover un desenvolvemento económico na cunca que non estea baseado na agricultura.
  • Empregar menos produtos químicos nas plantacións de algodón.
  • Diversificar a agricultura e facela menos dependente do algodón
  • Trasvasar auga dos ríos Volga, Ob e Irtysh para recuperar o tamaño orixinal do Mar de Aral.5O maiores obstáculos deste proxecto son a súa duración, estimada entre 20 e 30 aaos, e o seu custo, entre 30 e 50 000 millóns de dólares.
  • Trasvasar auga salada dende o Mar Caspio e diluila ca auga doce da cunca do Mar de Aral para reducir a salinidade.

Outros lagos que están a secar

O caso do Mar de Aral non é único. Hai moitos outros lagos e mares interiores do mundo que están a desecarse, con todo o que implica para a biodiversidade e para as comunidades que viven nas súas proximidades. Tal vez todavía cheguemos a tempo de salvar algún.

  • Mar Morto (Palestina, Xordania e Israel).
  • Lago Hamún (Irán e Afganistán).
  • Lago Saltón (Estados Unidos).
  • Lago Chad (Camerún, Chad, Níxer e Nixeria).
  • Lago Tulare (Estados Unidos).
  • Lago Urmía (Irán).
  • Lago Owens (Estados Unidos).
  • Lago Walker (Estados Unidos).
  • Lago Pirámide (Estados Unidos).
  • Lago Mono (Estados Unidos).
  • Lago Poyang (China).
  • Lago Qinghai (China).
  • Lago Meredith (Estados Unidos).
  • Lago Albert (Australia).
  • Lago Hindmarsh (Australia).
  • Lago Poopó (Bolivia).
  • Lago George (Australia).
  • Lago Nainital (India).
  • Lago Figuibine (Malí).
  • Lago de Chapala (México).
  • Lago Mead (Estados Unidos).
  • Gran Lago Salado (Estados Unidos).

Máis entradas sobre ciencia.

Tamén podes ler este texto en castelán: La muerte del mar de Aral.

Deixar unha resposta