Mia Couto, o descoñecido contador de historias

Mia Couto (fotografía de José Eduardo Agualusa extraída redeangola.info)

Pode que António Emílio Leite Couto (Beira, Mozambique, 5 de julio de 1955), máis coñecido coma Mia Couto, sexa un descoñecido en España e eso, sin duda, pódese cualificar en dúas palabras: inxusticia literaria

Couto é un contador de historias. Gústame imaxinalo rodeado de ouvintes, diante do lume, mentras fala durante as noites da tempada de chuvias de Mozambique. Gústame pensar que as súas metáforas, simples e complexas a un tempo, flúen con naturalidade a medida que nos conta o que acontecei O dia em que fuzilaram o guarda-redes da minha equipa ou cos dous anciáns de A fogueira (magníficamente adaptado ó cine na curtametraxe As Muxicas, de Carlos Alberto Alonso). Gústame pensar nun Mia Couto neno escoitando contos semellantes mentras a chuvia golpea as xanelas da súa casa.

Como todo contador de historias, Couto é, ademáis, un creador de linguaxe. Capaz de retorcer o significado das palabras cambiando unha letra aquí o de enriquecelas engadindo outra un pouco máis alá. É capaz de cambiar a perspectiva do lector cunha soa letra.

Outro dos grandes achados de Couto, é a universalización do local. Dende as selvas de Mozambique ou as rúas de Maputo, contando as penas da guerra ou a inseguridade do campesiño, chega a conmover ó lector occidental, sentado a miles de kilómetros (físicos e metafóricos) das vidas que le.

Mia Couto (fotografía de José Eduardo Agualusa extraída redeangola.info)
Mia Couto (fotografía de José Eduardo Agualusa extraída redeangola.info)

Libros de Mia Couto

  • Vozes anoitecidas (1986)
  • Cronicando (1988)
  • Cada homem é uma raça (1990)
  • Terra sonâmbula (1992)
  • Estórias abensonhadas (1994)
  • A varanda do Frangipani (1996)
  • Contos do nascer da terra (1997)
  • Mar me quer (1998)
  • Vinte e zinco (1999)
  • Na berma de nenhuma estrada (1999)
  • O último voo do flamingo (2000)
  • O gato e o escuro (2001)
  • O fio das Missangas (2003)
  • O País do Queixa Andar (2003)
  • A chuva pasmada (2001)
  • Pensatempos (2005)
  • O outro pé da sereia (2006)
  • O beijo da palavrinha (2006)
  • Venenos de Deus, remédios do Diabo (2008)
  • Antes de nascer o mundo (2009)

Máis entradas sobre escritores.

Podes ler este texto en castelán: Mia Couto, el desconocido contador de historias.

Deixa unha resposta