Non só unha nena

Amelia Earhart y Emma, foto de Jaime C. Moore

Na nosa sociedade, as nenas viven influidas polas princesas Disney, as Barbies e, en xeral, por modelos de beleza e personalidade completamente irreais e simplificadores. Non hai intelixencia, ambición o actitudeneses exemplos que as niñas adoptan; só atopamos superficialidade, a única ambición é estar mona e non hai máis actitude que a de verse ben.

Buscando inspiración para as fotos do quinto cumpreanos da súa filla Emma, a fotógrafa Jaime Moore viu que tódolos referentes estéticos cinguíanse ós mencionados. Modelos que non quería que foran os únicos que recibiría a súa filla. Esto levuna a pensar en mulleres reais que a pequena Emma debería coñecer e que lle serviran de inspiración, «mulleres reais que, sen ter coñecido a Emma, cambiaran a súa vida para mellor». Nai e filla elixiron cinco (a sufraxista Susan B. Anthony, a deseñadora de moda Coco Chanel, a aviadora Amelia Earhart, a escritora xordocega Helen Keller e a primatóloga Jane Goodall) e recrearon algunhas das imaxes máis representativas destas mulleres.

O proxecto chámase Not just a girl («Non só unha nena») e o resultado é este:

As nosas nenas non só son nenas, tamén son médicas, xuizas ou pilotas en potencia. O que queiran chegar a ser.

Máis entradas sobre fotografía.

Podes ler este texto en castelán: No sólo una niña.

Deixa unha resposta