Categorías
Historia

O home que salvou o mundo

Olla ben para a foto que acompaña esta entrada. Ese señor de ollos grises e pelo branco chámase Stanislav Yevgráfovich Petrov e naceu o 9 de septembro de 1939 na remota Vladivostok. O que sonríe incómodamente por ter que posar ante a cámara, foi teniente coronel das fuerzas aéreas de defensa da Unión Soviética. Este home, que podería pasar por ser o avó de calquera, é o responsable de que a meirande parte da Humanidade siga viva. Así foi como pasou.

Stanislav Yevgráfovich Petrov (imaxe de diariopolitica.com).

Alerta nuclear

Pongámonos en situación. Estamos en plena Guerra Fría. No mes de marzal, Ronald Reagan anunciara o comezo da Guerra das Galaxias e, o1 de septembro de 1983, un avión civil surcoreano invade o espacio aéreo da URSS e é derribado polo exército soviético con 269 persoas a bordo, entre as que se atopaba un senador estadounidense. Día tras día, a tensión aumentaba a ambos lados do telón de acero e no búnker Serpujov-15, que albergaba o Centro de Alerta Temprana da intelixencia militar soviética (en Kaluga Oblast, a uns 100 kilómetros de Moscova), ía superar todo o imaxinable.

A noche do 25 de septembro de 1983, o coronel Petrov é convocado no seu día libre para cubrir a baixa dun compañeiro doente. As súas tarefas no búnker consisten na avaliación dos datos dos satélites para detectar calquera ameaza. No caso de que esa ameaza fora considerada suficientemente grave, debería informar a un superior para que fora este o que ordease o contraataque nuclear. Eso é o que indicaba o protocolo.

Ás 00.14 do 26 de septembro, saltan as alertas. Os sistemas informan do lanzamento dun mísil nuclear dende Estados Unidos. Petrov desestimou a ameaza ó considerar que, se realmente se tratara dun ataque, terían lanzado centos de mísiles e no un só. Nos seguintes cinco minutos foron apareciendo novas alertas, ata un total de cinco.

Dez minutos decisivos

A Petrov aquelo non lle encaixaba. Tiña dez minutos para tomar unha decisión: defender a URSS e provocar a III Guerra Mundial ou confiar en que as alertas foran un erro do sistema e arriscarse a que cinco mísiles nucleares se estrelaran en chan soviético.

O traballo de Petrov era avaliar e eso foi exactamente o que fixo. Estados Unidos non tiña un sistema de defensa para poder defenderse dun ataque balístico, polo que, se atacaban a URSS con armas nucleares, estaría condenando a toda a súa poboación. «Ese gran imbécil aínda non naceu. Nin siquer nos Estados Unidos», concluiu. Así que informou dun erro no sistema.

Os minutos seguintes foron dunha tensión inimaxinable. 120 personas nun búnker preto de Moscova preguntándose se a decisión de Petrov era a correcta mentras as sirenas seguían soando.

Poucos segundos antes de que os mísiles se estrelaran en Moscova, apagáronse as alarmas. Os 120 militares do Serpujov-15 abalanzáronse sobre el e o aclamaron coma un heroe. Incluso chegou a ser proposto para unha condecoración.

Stanislav Yevgráfovich Petrov nun fotograma do documental The man who save the world.

Un recoñecemento tardío

Dadas as circunstancias internacionais e con Estados Unidos desenvolvendo o seu proxecto da Guerra das Galaxias, o Exército Vermello non podía permitirse recoñecer que os seus sistemas de alerta temprana non eran fiables. Por eso, no canto da medalla que se merecía, recibiu como única recompensa unha degradación e unha prexubilación. E o ostracismo.

Ata 1998. Nun libro de memorias, Yury Votintsev, comandante en xefe de Petrov, contou o acontecido. O Incidente do Equinoccio de Outono, como foi coñecido, por fin saiu á luz. Recibiu numerosos premios e recoñecementos e foi o protagonista do documental The Man Who Saved the World (dirixida por Peter Anthony en 2014).

Calcúlase que a decisión de Petrov salvou a vida de entre tres e catro mil millóns de persoas.

«Non son un heroe»

En septembro de 1983, con 44 anos recén cumplidos, Petrov foi o responsable de evitar o inicio da III Guerra Mundial e a aniquilación da Humanidade. «Non son un heroe. Só fun a persoa adecuada no lugar adecuado». Sabe que fixo o correcto, pero non se oufana; sabe que a maioría dos militares da súa época (dun e outro bando) terían seguido o protocolo, aínda sabendo o que implicaba; sabe que a súa degradación e retirada forzosa foron inxustos, pero non sinte rancor.

Definitivamente, precisamos de máis non-heroes como Stanislav Yevgráfovich Petrov.

Máis entradas sobre historia.

Tamén podes ler este texto en castelán: El hombre que salvó el mundo.

Unha resposta en “O home que salvou o mundo”

Deixar unha resposta