Categorías
Fóra do espazo-tempo

O tren da estudante Kana Harada

Son as 7.10. O sol apenas subiu no horizonte e non é máis que un pequeno círculo amarelo pálido sobre a paisaxe nevada. Kana Harada patea o chan para tratar de entrar en calor mentras agarda polo tren que a levará ó instituto. Na estación de Kyu-Shirataki, nada máis que una caseta de madera escura, non hai andén no que agaradar nin un saledizo baixo o que resguardarse. Kana está soa; como onte, como a semana pasada, como os últimos tres anos, cando se convirte, dúas veces ó día, na única vida da estación.

Kana Harada agarda polo tren que a lleva ó instituto de Engaru. Fotografía de Japan Railways obtida en http://www.asahi.com/.

En decembro de 2012, a Compañía Ferroviaria de Hokkaido quería pechar a estación pola falta de viaxeiros. A lóxica dicía que Kyu-Shirataki tiña que pechar por non ser rentábel. Que estuviera no rural de Hokkaido, cunha poboación envellecida e o dato de natalidade máis baixo de todo Xapón, deixaba claro que non tiña sentido mantela activa.

Porén, había un factor que non entraba nos cálculos. Era Kana. Precisa do tren para percorrer os 35 kilómetros ata o instituto de Engaru e terminar os estudios de secundaria. A Compañía Ferroviaria de Hokkaido estudou a reclamación dos pais e decidiu manter o servizo ata que Kana se graduase, algo que sucederá en marzal deste ano.

Son as 7.16. O sol apenas subiu no horizonte e non é máis que un pequeno círculo amarelo pálido sobre a paisaxe nevada. Kana Harada sube no tren que a llevará al instituto. A estación de Kyu-Shirataki volve quedar deserta e morre un pouco máis.

Houbo máis casos coma os de Kana Harada. As estaciones de Shimo-Shirataki, Kami-Shirataki y Kanehana tamén se manterán abertas ata marzal deste ano.

Fontes

Tódolos datos están extraídos de:

Podes ler este texto en castelán: El tren de la estudiante Kana Harada.

Unha resposta en “O tren da estudante Kana Harada”

Deixar unha resposta