Se Hopper escribira Madrid
La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.
La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.
No ano 395 o emperador Teodosio O Grande dividiu o Imperio Romano entre os seus dous fillos. Foi o punto culminante da crise social, espiritual e política que sufría o Imperio. Un dos eixes deses conflitos espirituais foi a herexía de Prisciliano dentro dunha igrexa que todavía non se consolidara.
Ninguén sabe moi ben quen foi John Frum. Nin siquera está claro se ese era o seu nome real ou se foi o que entenderon os nativos da illa de Tanna (Vanuatu), pero os seus fieis saben que algún día voltará cargado de regalos e provisións.
En moitos lugares podemos atopar fósiles de animais que remataron no que un día foi o fondo mariño. Fixeron falta millóns de anos e cataclismos planetarios para que esto sucedese. Porén, no centro de Asia podemos visitar un deserto no que as profundidades submariñas tardaron menos de 60 anos en quedar ó descubierto: o Mar de Aral. Aínda que alí os fósilesnon son crustáceos ou animais antediluvianos, senón barcos enferruxados.
Ver volar a un abellón induce a un á moleza. A aparente falta de presa, o camiñar pausado entre as flores da lavanda, o aire sempre preguiceiro que transmite, a pesar da súa laboriosidade… Nada nos fai pensar na complexidade destes insectos: no seu xeito de comunicarse, en que sexan capaces de recoñecer figuras complexas ou, como acaba de descubrirse, que sexan quen de imaxinar cousas.
Seguir lendo “Abellas, abellós, avespas, formigas e humanos”