A relixión dos chimpancés

Algúns chimpancés siguen ritos relixiosos similares ós que poderían ter profesado os nosos devanceiros. De súpeto, a espiritualidade, a única chispa que nos quedaba ós homes para distinguirnos das bestas, salvaba a barreira invisíbel entre a humanidade e a animalidade e chegaba a uns grupos de simios de África Occidental. Prometeo roubáranos o lume para darllo ós nosos peludos parentes. Pero nunca nada é tan sinxelo.

Seguir lendo “A relixión dos chimpancés”

A necesaria ‘Pausa’ de Mónica Grande

Erguerse aínda de noite. Preparar ós nenos. Correr ó colexio. Atasco. Correr aínda máis ó traballo. Outro atasco. Tarefas que se acumulan unhas sobre outras. Mercar. Limpar. Médicos. Ximnasio… Entre as présas e as carreiras perdémonos os pequenos detalles que fan mellor a vida e nos fan mellores a nós. Nunca temos ese intre para pararnos, respirar fondo e observar. Eso que tanto necesitamos é precisamente o que nos ofrece Mónica Grande na súa nova exposición, Pausa.

Seguir lendo “A necesaria ‘Pausa’ de Mónica Grande”