Categorías
Cinema Cultura

Percebeiros, de David Beriain

O mar ten moito de romántico e de evocador; é o principio de novas vidas, un símbolo de liberdade. Pero tamén é un lugar hostil e ameazante. Os percebeiros sábeno ben: poucos lugares encerran tantos riscos coma as rompentes dos cantís. E diso trata o documental de David Beriain.

Cartel do documental Percebeiros
Cartel do documental Percebeiros

Ruxe o vento. O mar golpea os cantís. Dous metros de rocha, esa é a faixa de auga e oxíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar se ceba, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma na que Serxio e os seus compañeiros loitan por un bocado de mar.

Unha fronteira de valor e medo. De temeridade e sentido común. Dous metros sen marxe de erro. Ahí vive o percebe. Ahí vive Serxio.

Presentación do documental no dossier de do documental.

Aquí traio este relato, 

escoitenme compañeiros,

da batalla que libramos

en Cedeira os percebeiros.

Cantiga que entona Serxio ó principio do documental.

Serxio é Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, protragonista e narrador da curtametraxe. Pero tamén é calquera outro mariñeiro que baixe polos cantís a coller o percebe. Este cedeirense encarna a tódolos percebeiros galegos cando nos fala da súa vida. Das súas vidas.

O equipo de Percebeiros deixoulle a voz a Serxio e ó mar. Este fala con bruídos que meten medo incluso un día no que está calmo. Serxio fala con respecto, pero non entende a vida sen o segundo (sen mar non podo vivir. Eu quédome no mar, di).

Os riscos que enfrontan diariamente os perebeiros non rematan ó volveres a casa. A inseguridade e a incerteza polo futuro son dous deles, porque ¿que farán cando non poidan baixar os cantís?

A dureza do seu traballo, incluso un día no que as ondas non son especialmente grandes e o mar semella calmo, queda de manifiesto no documental. De súpeto, unha onda cóase entre dúas rochas e pégalle un revolcón a un dos compañeiros de Serxio. Estou tremando, di, mentras axusta as luvas con intención de volver descolgarse. E hai que volver baixar, porque, como di o refrán, barca parada non gana soldada.

Mais entradas de cinema.

Esta entrada parte da revisión da entrada en castelán do mesmo título, publicada en 2011. Lembreime dela a raíz da nova da morte de David Beriain en Burkina Faso e decidín refacela enteira. É por iso que a data é a actual e non a original.

Deixar unha resposta