Se Hopper escribira Madrid

Detalle de la portada de La vida es un cuadro de Hopper, de Carlos Langa

La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.

Yo quise ser Tom Sawyer, aunque seguramente estaba más cerca de convertirme en Muff Potter.

Esta frase, cargada de desesperanza, é a confesión coa que se nos apresenta Pablo, o protagonista de La vida es un cuadro de Hoppera primeira novela de Carlos Langa.

Pablo é un trintañeiro recén chegado a Madrid con pouco más que o posto e o soño de convertirse en actor. Non ten un plan B. Apenas pode dicirse sequera que teña un plan máis aló de ir sobrevivindo “hasta que que suceda cualquier cosa que lo cambie todo“. Esta esperanza é o faro que ilumina os seus pasos na gran cidade, anida que teña a certeza de que ese algo nunca acontecerá.

A angustia e a soidade que transmiten os cadros de Hopper (que dan título e contexto ós capítulos) impregnan ese Madrid polo que o protagonista deambula sen rumbo. Dende as atoladas e vacías noites de desenfreno, á precariedade económica e laboral que lle toca vivir. Porén, no medio de toda esa miseria emocional coñecerá a dúas personaxes que lle darán unha nova visión de sí mesmo e que mudarán a súa vida: Elia, unha garda xurado do Museo Thyssen, e a pantasma de Pío Baroja.

Portada de La vida es un cuadro de Hopper, de Carlos Langa
Portada de La vida es un cuadro de Hopper, de Carlos Langa

Do mesmo xeito que os seus paseos por Madrid, a vida de Pablo non ten rumbo. Chega á cidade fuxindo do seu barrio, do seu pasado, dunha vida marcada polo fracaso, as privacións e as dificultades. O seu soño de ser actor non é máis ca un vago pretexto para xustificar a súa chegada á capital e a fuxida, condeada de antemán, de si mesmo.

O fatalismo parece acompañar ó protagonista en cada paso que da (“a veces pensaba que solo había ido a esa ciudad para tener un bonito marco en el que fracasar”, chega a dicir), pero, aínda así o amor faise un oco na súa vida. Ese amor é, en certo modo, acomplexado porque, durante o verán no que transcorre a novela, Pablo tende a situarse nun plano de inferioridade respecto dos demáis. Segundo a súa percepción, todo o mundo ten vidas apaixonantes, éxito no traballo, viaxa… agás el, que se sinte atado a traballos precarios e lastrado por soños imposibeis.

Cunha mistura de existencialismo, humor, crítica social e tintes de realismo máxico, Langa afástase da grandilocuencia e fai que a historia flúa de forma natural. Todo es un aprendizaje mate hacia la nada, di Pablo ó principio do libro, pero incluso nesa nada hai esperanza e nesa aprendizaxe mate pode haber destelos de brillantez.

De Instagram á novela

La vida es un cuadro de Hopper xurdiy a partires dos diálogos que Carlos Langa poñía na súa conta de Instagram ós cuadros do pintor estadounidense. O ton destas conversas ficticias, a un tempo triste e irónico, é o que podemos ler na novela.

A pandemia retrasou o lanzamento do libro durante un ano no que, como publicou Michael Tisserand en Twitter, “Todos somos pinturas de Edward Hopper ahora”.

Ficha de La vida es un cuadro de Hopper

  • Título: La vida es un cuadro de Hopper.
  • Autor: Carlos Langa.
  • Primeira edición: Abril 2021.
  • Editorial: Plaza & Janés.
  • Páxinas: 384.
  • Encuadernación: Tapa dura.
  • Prezo: 18,90 €.

Máis entradas sobre libros.

Este texto foi publicado orixinalmente en castelán en RTVE.es.

Deixa unha resposta