Sobre min

Son Manuel Rivas. Si, son galego. Si, son xornalista. E, non, non teño nada que ver co famoso escritor.

Estiven vincluado laboralmente ó Grupo Prisa. Alí traballei en As.com e Parasaber.com como redactor, editor, administrador de bases de datos e coordinador de especiais. Debido a todo esto, tiven que traballar en colaboración cos departamentos de deseño y desenvolvemento.

Esta experiencia levoume ó meu actual traballo en RTVE.es, onde xa non exerzo de xornalista, para o meu propio ben e para o da profesión.

¿Algo persoal? Estiven casado, teño un fillo, son un pouco friki (hai quen di que tería que cambiar o pouco por un moito) e nos meus escasos ratos libres fago fotos de dudosa calidade.

Neste blogue irei falando das cousas que me interesan e que me gustan e algunhas outras que están, por dicirlo dalgún xeito, fóra do espazo-tempo. Espero que tamén resulten do teu interese.

Se queres poñerte en contacto conigo, faino empregando o formulario que aparece abaixo ou a través das redes sociaies.