‘Chapapote’, crónica dunha marea negra

Serxio Ces, protagonista e narrador do documental Percebeiros, de David Beriain, fala da importancia do ouvido no mar para poder adiantarse ós embates das ondas. O 13 de novembro de 2002, ás 15.15 horas, sobre o ruido do temporal que azoutaba a costa atlántica galega, ouviuse un estalido que aínda hoxe ten ecos. Foi o do Prestige e unha desas reverberacións é Chapapote, un libro coral coordinado por Xosé Manuel Pereiro.

Seguir lendo “‘Chapapote’, crónica dunha marea negra”

A morte do Mar de Aral

En moitos lugares podemos atopar fósiles de animais que remataron no que un día foi o fondo mariño. Fixeron falta millóns de anos e cataclismos planetarios para que esto sucedese. Porén, no centro de Asia podemos visitar un deserto no que as profundidades submariñas tardaron menos de 60 anos en quedar ó descubierto: o Mar de Aral. Aínda que alí os fósilesnon son crustáceos ou animais antediluvianos, senón barcos enferruxados.

Seguir lendo “A morte do Mar de Aral”