‘Chapapote’, crónica dunha marea negra

Serxio Ces, protagonista e narrador do documental Percebeiros, de David Beriain, fala da importancia do ouvido no mar para poder adiantarse ós embates das ondas. O 13 de novembro de 2002, ás 15.15 horas, sobre o ruido do temporal que azoutaba a costa atlántica galega, ouviuse un estalido que aínda hoxe ten ecos. Foi o do Prestige e unha desas reverberacións é Chapapote, un libro coral coordinado por Xosé Manuel Pereiro.

Seguir lendo “‘Chapapote’, crónica dunha marea negra”

‘Cartas portuguesas’: unha viaxe máis alá de toallas, fado e bacallau

No artigo El fantástico Club de Portugal, Manuel Rivas pregúntase «¿Quién era realmente ese otro yo llamado Portugal?». Para moitos, non pasa de ser un lugar onde mercar toallas, comer bacalhau à brás, ou facerse cun recordo en forma de galo de Barcelos, pouco máis ca un destino vacacional. Pero é máis, moito máis.

Seguir lendo “‘Cartas portuguesas’: unha viaxe máis alá de toallas, fado e bacallau”

‘La nostalgia de la Mujer Anfibio’, o novo realismo máxico galego de Cristina Sánchez Andrade

En 1977, Lucha está a punto de ser asasinada polo seu marido. É o desenlace dunha historia que comeza o 2 de xaneiro de 1921 naa illa de Sálvora (co naufraxio do vapor Santa Isabel a noite antes da voda da protagonista) e o arrinque da novela La nostalgia de la Mujer Anfibio.

Seguir lendo “‘La nostalgia de la Mujer Anfibio’, o novo realismo máxico galego de Cristina Sánchez Andrade”