Categorías
Cultura Libros

Se Hopper escribira Madrid

La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.

Categorías
Cultura Libros

‘Oso’, a viaxe inesperada de Lou

Un dos aspectos destacados habitualmente de Oso, de Marian Engel, é o escándalo que causou na súa época e que, seguramente, causaría mesmo hoxe mismo. Pero centrarse neso sería pecar de superficial.

A través das páxinas da súa novela, a autora lévanos ó solitario norte de Canadá, a unha illa nun río na que Lou, unha bibliotecaria arrancada da calor do seu despacho e da súa rutina, vese obrigada a convivir cun oso.

Categorías
Cultura Libros

‘Atlas de islas remotas’, de Judith Schalansky

Cando eramos nenos e estudiabamos xeografía, os nosos libros de texto definían unha illa coma unha porción de terra rodeada de auga por todas partes. A asignatura non deixaba lugar ó lirismo, á interpretación ou á imaxinación. Todo tiña que cinguirse ó observábel, ó mensurábel, ó físico. Atrás, moi atrás quedaron aqueles tempos nos que os cartógrafos enchían mares con debuxos de monstros mariños ou rosas dos ventos.