Se Hopper escribira Madrid
La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.
Cultura é todo: libros, fotografía, música, arte… A arquitectura é cultura, así coma tamén o é o deseño gráfico e mesmo o cómic ou a enxeñería. É a conformadora do noso mundo e do xeito no que nos relacionamos con el.
A cultura rodéanos aínda que non nos decatemos. E así como a cultura é un producto humano, os humanos somos un producto da nosa cultura.
La vida es un cuadro de Hopper é o debut de Carlos Langa como novelista. Unha historia sobre a soidade e o fracaso, pero tamén sobre a esperanza.
O que arde é un filme lento, con planos fixos mantidos durante moito máis tempo do habitual, silencios inusualmente longos e unha historia que parece non avanzar. Odio ese tipo de filmes. E, aínda así, saín do cinema absolutamente namorado.
Pero mellor volvo empezar.
Erguerse aínda de noite. Preparar ós nenos. Correr ó colexio. Atasco. Correr aínda máis ó traballo. Outro atasco. Tarefas que se acumulan unhas sobre outras. Mercar. Limpar. Médicos. Ximnasio… Entre as présas e as carreiras perdémonos os pequenos detalles que fan mellor a vida e nos fan mellores a nós. Nunca temos ese intre para pararnos, respirar fondo e observar. Eso que tanto necesitamos é precisamente o que nos ofrece Mónica Grande na súa nova exposición, Pausa.
«La belleza está, solo hay que saber mirar», di Mónica Grande (Madrid, 1972). E non podemos máis que darlle a razón. Todo o que nos rodea ten un punto fermoso que hai que buscar, calquera obxecto cotidiá pode converterse no protagonista dunha obra de arte, só debemos cambiar o noso xeito de mirar.
Houbo un tempo no que o finis terrae romano estaba habitado por pobos englobados na cultura celta. A pesares das distancias que os separaban, mantiñan unha unidade cultural que sobreviviu ós pobos que chegaron máis tarde ós seus territorios; e se algo se mantivo por riba de calquera outro rasgo, eso foi a música.
Seguir lendo “A música da fin do mundo que chega de Oriente”