A necesaria ‘Pausa’ de Mónica Grande

Intante. Rutina II

Erguerse aínda de noite. Preparar ós nenos. Correr ó colexio. Atasco. Correr aínda máis ó traballo. Outro atasco. Tarefas que se acumulan unhas sobre outras. Mercar. Limpar. Médicos. Ximnasio… Entre as présas e as carreiras perdémonos os pequenos detalles que fan mellor a vida e nos fan mellores a nós. Nunca temos ese intre para pararnos, respirar fondo e observar. Eso que tanto necesitamos é precisamente o que nos ofrece Mónica Grande na súa nova exposición, Pausa.

Tres anos después de que nos amosase a beleza oculta da cotiandade coa su mostra La semilla de la felicidad es el instante volve parar as nosas vidas durante un rato diante das súas imaxes, dándonos esa pausa que tanto precisamos e que tanto nos negamos. Unha pausa reconfortante e case sanadora grazas á que, como dixo unha asistente á inauguración, «hoy salimos de aquí todos un poco más curados».

As novas obras de Mónica Grande volven a amosarnos o que nos rodea nas nosas rutinas diarias con novos ollos. Ó igual que na anterior exposición, descubrimos un entorno novo e fantástico (tanto no sentido de marabilloso como no de fantasía) nos que un simple papel de forno convírtese en arte, o vaho da ducha vólvese o mellor dos filtros e as ausencias teñen presencia propia.

Unha nova forma de mirar que, no fondo, é a mesma que tíñamos cando éramos nenos e que nunca deberíamos ter perdido.

E despois está o libro pedra.

O libro pedra

O libro pedra ten unha historia propia. Unha que merece un relato independente. Comezou en septembro de 2016, cun escenario, a exposición de Mónica no Real Jardín Botánico de Madrid, e unha protagonista, unha estudante que foi a vela, quedó prendada e repetuó ó día seguinte. E ó otro. E otro máis. «Hay una chica que viene todos los días a ver tu exposición y que se sienta horas delante de las obras mientras toma notas y hace bocetos», dixéronlle a Mónica. A reacción foi un decidido «tengo que conocerla».

A chica era Ana Fernando, arquitecta, paisaxista e escritora, que naquel momento facía o doctorado. Ana e Mónica coñecéronse. Nese encontro, que no meu maxín é un momento de identificación absoluta entre dúas personas feitas para entenderse, xurdiu algo. Sen chispas, violines ou lumes artificiais, pero ¿quen os necesita cando a conexión é perfecta? Ana ensinoulle o caderno coas notas que tomaba e os bocetos que trazaba. Alguén suxeriu usalo de punto de partida para un libro. A viaxe comezaba.

Preguntáronse ¿que é un libro? ¿Por que ten que ter páxinas? ¿Por que ten que ser de papel? Xuntas reinventaron o libro usando liño como soporte e pedra como encadernación. O liño dá continuidade ás imáxenes; os textos e bocetos de cada páxina (¿ten sentido este concepto tamén reinventado?), crea unha narración que une unha imaxen coa seguinte. A tea préstalle un aire exipcio, grego, romano; a caliza Campaspero, algo aínda máis antigo. E, así e todo ou precisamente así, logran que sexa moderno, innovador e rompedor.

O libro é una joya invaluáel. «Hay cosas que no se hacen para ser vendidas porque no se pueden comprar», dixo durante la presentación Mónica (¿ou foi Ana? A comunión entre unha e outra é tal que por momentos parecen unha mesma persoa). É o caso deste libro que non pode posuirse e cuxo destino inmediato, unha vez terminada a exposición será percorrer distintos fogares (xa estivo no da galerista Soledad Lorenzo) continuando unha viaxe que non sabemos onde rematará.

Dicía antes que a historia do libro pedra merecía un relato independente, pero ¿cómo escribilo se a súa historia aínda non rematou, senón fixom máis que botar a andar? O libro pedra é unha etapa máis dun proceso creativo en constante metamorfose que comezou cunhas imaxes tomadas cun móvil, chegou a ser un libro rupestre e se convertiu nunha metáfora física do arte vivo que evoluciona e se enreda coas nosas emocións. ¿Que máis será dentro dun ano?

Información

  • ¿Onde pode verse? Na sala de exposicións do Real Monasterio de Santa María de El Paular.
  • ¿Ata cando? Ata o 15 de dicembro de 2019.
  • ¿Canto custa? 5 € (7 € se é combinada coa visita ó mosteiro).
  • ¿Alguna outra recomendación? Se vas e a autora está alí, fala con ela y pregúntalle. Ver a exposición cos seus ollos é vela mellor.

Máis entradas de cultura e fotografía.

Tamén podes ler este texto en castelán: La necesaria ‘Pausa’ de Mónica Grande.

Deixa unha resposta